Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de diciembre de 2015
ARRANCA CARITARTE CON 55 PEZAS ARTÍSTICAS
Un ano máis por estas data chega a Vilagarcía a 10ª edición da Mostra de Arte Solidária ‘Caritarte 2015' que nesta edición, manterá o sinxelo, práctico e exitoso formato “30x30”, e que se inaugurará as 20:00 horas na Sala de Exposicións Antón Rivas Briones de Vilagarcía hoxe venres dia 11 de decembro, e que permanecerá aberta entre o 11 de decembro de 2015 e o 11 de xaneiro 2016.
En total son 55 as pezas artísticas que poden verse nesta exposición que busca recadar fondos para Cáritas de Arousa. Os prezos van desde os 30 euros ata os 1.000 coa idea de adaptarse a todos os petos.
En Caritarte hai obras de pintura, fotografía, escultura ou ilustración entre outras e entre elas poden atoparse nomes recoñecidos como o de Xurxo Alonso, Gogue ou Uxío López. De feito, á parte dos artistas da comarca, tamén chegan outros nomes de diferentes partes do mundo como Canadá, Cataluña ou países de Latinoamérica como Colombia ou México.
"Cáritas traballa sempre a prol dos máis desfavorecidos, a través do Comedor Social, Comedor sobre Rodas (ancianos), Casa de San Cibrán, Invernadoiro Social, …. Nas nove edicións anteriores de Caritarte a recadación foi utilizada da seguinte maneira: neveira industrial, material de invernadoiro e tractor Kubota, lavavaixelas industrial, platos e cubertos do Comedor Social, armario e pintura Comedor, etc…"

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.