O paro sobe en 6.355 persoas en outubro de 2015 en Galicia, case un 3%, fronte ao 2% de media.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou en 6.355 persoas en outubro en Galicia respecto ao mes anterior, ata situarse o total de desempregados en 222.092, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O SALNÉS
En concreto, foron 1.026 as persoas que perderon os seus postos de traballo na comarca de O Salnés, sendo Sanxenxo o concello onde máis altas son estas cifras con 254 persoas de novo desempregadas.
Con datos semellantes atópase Vilagarcía, onde 208 persoas volveron a inscribirse nas listas do paro, en O Grove 178 perderon os seus empregos, e en Cambados foron 124 persoas as que están de novo sen posto de traballo.
Os demáis concellos da comarca de O Salnés tamén rexistraron un aumento no número de parados; En Meaño foron 77 as persoas que perderon os seus traballos, en Meis 70, en Ribadumia 47, en A Illa de Arousa 40 e en Vilanova 28.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.