Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de noviembre de 2015

SEMANA DA CIENCIA NO I.E.S. ASOREY










Do 9 ao 13 de novembro
Como en anos anteriores o IES Francisco Asorey súmase á celebración mundial deste evento organizando diferentes actividades:
EXPOSICIÓNS:
-O solo, unha base sólida para a vida
-A luz nas nosas vidas
-Aparellos ópticos


OBRADOIROS:
-Experiencias e xogos coa luz
Este ano está dedicada a dous temas de grande importancia para a humanidade: a luz e os solos.


2015 Ano Internacional dos Solos
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional dos Solos, co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. Os solos constitúen o fundamento do desenvolvemento agrícola e da produción de alimentos e son a base que sustenta a vida dos ecosistemas en xeral.
Obxectivos:
-Conseguir unha plena concienciación da sociedade civil e dos responsables da toma de decisións sobre a gran importancia do solo para a vida humana.
-Educar ao público sobre o papel crucial que desempeña o solo na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible.
-Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do solo.
-Promover inversións en actividades de manejo sostible da terra para desenvolver e manter solos saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación.
-Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015.
-Promover unha mellora rápida da capacidade para a recopilación de información sobre o solo e a  supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).


As múltiples funcións dos solos pasan, moitas veces, desapercibidas. Os solos non teñen voz e poucas persoas falan por eles. Son o noso aliado silenzoso  na produción de alimentos”. (José Graziano da Silva, Director Xeral da FAO).
2015 Ano Internacional da Luz
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías basadas na Luz.
O obxectivo é chamar a atención sobre o impacto que ten a luz e as súas diversas formas de aproveitamento, na vida das persoas, no desenvolvemento da sociedade e nos retos aos que se enfronta a Humanidade.
Para o ser humano a vista é un dos sentidos máis importantes e funciona grazas á luz.
A luz contribúe a nosa saúde e o noso benestar, directa e indirectamente.
A luz é fundamental para desenvolver a nosa vida cotiá, para as comunicacións, a medicina, a obtención de enerxía, a agricultura, a cultura… O desenvolvemento de tecnoloxías sostibles relacionadas coa luz melloran a calidade de vida e camiñan cara a un futuro máis sostible.
A luz atópase na orixe da vida, inspirou a beleza, a pintores, poetas, arquitectos… é esencial para a fotografía, o cine, o teatro, a televisión (afecta á resposta emocional da audiencia),.
Se miramos arredor noso podemos comprobar as numerosas aplicacións da luz que revolucionaron a sociedade a través da ciencia, a enxeñería, a arquitectura, a medicina, as comunicacións, a cultura o arte e o ocio. As tecnoloxías basadas na luz tamén achegan novas solucións aos problemas mundiais en campos como a enerxía, a educación, a agricultura, o medioambiente ou a sanidade. As industrias relacionadas coa luz son hoxe punteiras e representan un importante sector da economía mundial.
A elección do ano 2015 ven motivada por coincidir varios aniversarios de eventos científicos importantes relacionados coa luz:
-1015: Alhazén publica sete volumes sobre as súas investigacións no campo da óptica.
-1815: Fresnel publica a súa teoría ondulatoria sobre a luz.
-1865: Maxwell: teoría electromagnética.
-1905: Albert Einstein explica o efecto fotoeléctrico.
-1915: Albert Einstein formula a Teoría da Relatividade (Premio Nobel de Física en 1921)
-1965: Arno A. Penzias e Robert W. Willson explican a radición de fondo de microondas (confirmación da teoría do Big Bang) (Premio Nobel de Física en 1978)
-Charles Kuen Kao: fundamento da febra óptica (Premio Nobel de Física en 2009)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.