Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DESTINA UN 20,5% MÁIS AO FOMENTO DO EMPREGO








Un obxectivo prioritario para o novo goberno da Deputación de Pontevedra é o emprego. Así, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, no seu discurso de investidura destacaba que o novo goberno loitaría contra o desemprego para converter a provincia de Pontevedra nun territorio próspero, planificando estratexias de desenvolvemento coa finalidade de fomentar o progreso económico e social. Esta declaración de intencións da presidenta na súa toma de investidura convértese en realidade no orzamento da Deputación de Pontevedra para 2016, que destina un 20,5 % máis de recursos económicos a fomentar o emprego na provincia.
Entre 2011 e 2016 os recursos destinados a emprego do Goberno de España diminuíron en 15.100 millóns de euros e, no mesmo período, o orzamento destinado a mellorar a empregabilidade e a facilitar o acceso ao emprego para os nosos parados recortouse nun 31 %.   O noso país é máis pobre que hai catro anos, con máis paro e parados sen axuda pública que hai catro anos, e ante estes datos a resposta do Goberno central foi formular para 2016 uns orzamentos que dan as costas aos máis vulnerables da sociedade. Así, mentres as estratexias do Goberno central e da Xunta de Galicia pasan polos recortes que levaron a que no noso país teñamos medio millón menos de ocupados, que a poboación activa se recortase en 600.000 persoas, que nove de cada dez contratos sexan temporais e que o 25 % dure menos de 2 meses, que os parados sen cobertura de desemprego sexan xa máis de 3,7 millóns e que 1,5 millóns de familias teñan a todos os seus membros en paro, a Deputación de Pontevedra aposta por aumentar nun 20,5 % e investir máis recursos para destinar ao fomento do emprego e impulso da formación como factor para o aumento da empregabilidade.
Esta aposta xa se comezou a materializar coa posta en marcha dun departamento propio denominado Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, ata o momento inexistente, cuns fins diferentes ó Servizo de Recursos Humanos e Formación. Este departamento aglutina accións de formación e inserción/integración sociolaboral coa finalidade de paliar as necesidades das persoas máis vulnerables, tratando de eliminar a precariedade laboral e impulsando o traballo de calidade, que respecte os traballadores e garanta unhas dignas condicións económicas. Pero o servizo tamén está a impulsar as prácticas laborais e as axudas para a creación de empresas, dando un forte apoio á formación e incorporación cualificada ao mercado de traballo. Así, a través deste servizo xa se puxeron en marcha iniciativas coma o Depoemprega 2015, iniciado o paso mes de outubro, que ten por obxectivo mellorar a empregabilidade e acadar a inserción laboral dos seus participantes, o Practicum Depo 2015, que impulsa as prácticas laborais no estranxeiro, ou obradoiros de emprego dirixidos a mozas e mozos menores de 25 anos.

O novo Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local terá, en 2016, un orzamento de preto de 4 millóns de euros que se complementarán cos preto de 3 millóns de euros que o novo Goberno da Deputación de Pontevedra destinará ao Servizo de Recursos Humanos e Formación. Así, as dúas partidas destes centros xestores de fomento e promoción do emprego suman preto de 7 millóns de euros no orzamento provincial de 2016, aos que, ademais, é necesario engadir os 9 millóns de euros destinados ao fomento do emprego nos concellos da provincia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.