Seminario para o desenvolvemento do talento emprendedor
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha un seminario que ten por finalidade axudar aos mozos e mozas a desenvolver o seu talento en relación coa búsqueda de emprego.
O seminario que se realizará nas cidades de Ourense e Vigo está enmarcado dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade.
A finalidade é fomentar o espírito emprendedor na mocidade, fortalecer a capacidade de convición para desenvolver as fortalezas, a capacidade e actitudes que permitan afianzar aos participantes as súas ideas para o futuro que desexan.
A temática do seminario abordará :
Concepto e talento emprendedor, capacidades, compromiso e acción
Competencias persoais e sociais
Diagnóstico do perfil persoal e plan de acción.
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
Número máximo de participantes: 15
Número de participantes mínimo para que se realice o seminario: 5
Lugares, datas e horario:
Ourense: día 10 de setembro de 16,30 a 20.30 horas, Espazo Xove (R/Celso Emilio Ferreiro, 27)
Vigo: día 11 de setembro de 10 a 14 horas, na Casa do Deporte (R/ Fotógrafo Luis Ksado, 17)
Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada xornada.
As persoas participantes serán seleccionadas por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionadas para participar.
Para mais información: galeuropa@xunta.es
Teléfono 981 544 645
“Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”
Esta aberto o prazo de inscrición par o curso de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” do programa ACTIVATE 2015 da Deputación de Pontevedra, que se vai celebrar no centro “la Merced” no mes de outubro.
HORARIO DE 9:30 A 13:30 H, DE MARTES A VENRES
DURACIÓN: 40 h
PARTICIPANTES: MÍNIMO DE 15 E MÁXIMO DE 25 .
Está dirixido prioritariamente a moz@s entre 16 a 35 anos de idade, empadroados no
concello solicitante, desempregados ou non.
- No caso de exceder as 25 solicitudes, aplicaranse os criterios recollidos na Base Sétima “Procedemento de Concesión”, establecendo a orde de preferencia á hora de chamar ós/ás participantes; os criterios serán os seguintes (sempre mantendo a orde de presentación de solicitudes dentro de cada un dos criterios):
- Persoas desempregadas do concello
- Persoas en activo do concello
- Persoas desempregadas doutros concellos
- Persoas en activo doutros concellos
- Persoas que non cumpran o requisito de idade (establecendo a mesma orde de preferencia que as anteriores)
O prazo de inscrición remata o día 18 de setembro ( inclusive)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.