Tras a magnífica experiencia do pasado verán de 2014, a Escola de Teatro Valle-Innova da Fundación Valle-Inclán quere voltar, como tiña prometido, a realizar o seu recital poético dramatizado nas sublimes Ruinas de Santa Mariña Dozo, en Cambados; un dos concellos valleinclanianos. Coma na anterior ocasión, o recital recolle poemas dos grandes autores en verso das letras galegas, españolas e internacionanis. Desta volta, a Escola de Teatro presenta moitos poemas novos no recital e mantén os que máis aplaudidos foron o pasado ano. A cita terá lugar o vindeiro venres día 28, ás 21:30 horas. Nesta ocasión voltará a música en directo dunha guitarra española a acompañar á máis de ducia e media de actores nas súas interpretacións.
A Escola Valle-Innova está desexosa do agardado día, pola experiencia tan emocionante da pasada edición do recital e, a maiores por poder repetir, nesta ocasión, coa estatua do Cristo de Paco Leiro sobre o altar, imaxe que consegue quitar o alento, e que sen dúbida potenciará o dramatismo da representación. A Fundación está a potenciar proxectos coma este AROMAS DE LEYENDA que poidan chegar a todos os públicos e a toda a xeografía galega, a través dunha montaxe visual, dinámica e de gran carga emocional e dramática, unindo toda a forza de Valle-Inclán a de toda a familia de poetas ó longo dos séculos. Cabe sinalar que, por suposto, os grandes poetas en galego, teñen un lugar preferente tamén no recital, como é o caso do cabadés Cabanillas (coma non podía ser de otro xeito) ou de Rosalía de Castro. Entre os poetas de fora de Galicia podemos nomear a Lorca (indispensable), Quevedo, Calderón, Auden, Benedetti, Bécquer,... así coma un par de poetas anónimos e de textos de creación propia. En caso de choiva ou mal tempo, a actuación aprazarase para unha data próxima no mesmo recinto.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.