Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2015

UN LIBRO DA DEPUTACIÓN RECOLLE AS FESTAS MÁIS SALIENTABLES DA PROVINCIA








A deputada Ana Isabel Vázquez presentoulles esta mañá ós medios de comunicación o libro de festas editado pola Deputación de Pontevedra para dar coñecer as preto de 50 celebracións de interese turístico internacional, nacional e autonómico que teñen lugar na provincia.
Concibido a modo de ficheiro búscase "dar a coñecer a importancia desta provincia de festas, de cultura, de tradicións e de historia. O turismo cultural é un turismo en auxe nos últimos anos e queriamos facer un repaso cronolóxico destas festas declaradas de interese turístico. "
1.500 exemplares en inglés e castelán
Editado por Turismo Rías Baixas, o libro preséntase como unha guía e permite que a información sobre estas festas se poida actualizar ano a ano, incluíndo as celebracións que vaian adquirindo a declaración de interese turístico nacional, internacional e autonómico. No libro recóllense detalles históricos, particularidades, datas, características, organización e títulos que, acompañados de imaxes e fotografías, ofrecen unha completa información de cada un dos festexos.
Nesta primeira tirada publicáronse 1.500 exemplares (1.000 en castelán e 500 en inglés) "porque está dirixido moi especialmente ós turistas que nos visitan desde fóra de Galicia", segundo puxo de manifesto a deputada.
Máis de 40 festas de interese turístico
O libro recolle as distintas celebracións que teñen lugar na provincia para resaltar, promover ou festexar os seus produtos, a súa espiritualidade, a súa singularidade ou o seu pasado. Son medio centenar de celebracións gastronómicas (39 %), culturais (27 %), relixiosas (27 %)  e históricas (7 %) que se organizan segundo o seu distintivo turístico.
Oito son de Interese Turístico Nacional (O Cocido, A Arribada, O Marisco, O Albariño e A Festa da Auga en Vilagarcía de Arousa),  tres de Interese Turístico Internacional (O Corpus, A Rapa das Bestas de Sabucedo e A Romaría Viquinga) e trinta e seis festas de interese turístico autonómico (A Reconquista, O Belén de Valga, As Danzas de Cangas, O Millo Corvo de Bueu, O Entroido de Cobres, Os Xenerais do Ulla, O Requeixo das Neves, O Xamón da Cañiza, A Feira Franca, A Lamprea, A Ostra, A Troita, O Carneiro ó Espeto, O Choco, O Corpus de Redondela, O Gaiteiro de Soutelo, O Galo de Curral, A Festa do Monte da Guarda, O Salmón, A Empanada de Bandeira, O San Martiño de Moaña, O San Miguel e As Danzas de Espadas de Marín, O San Telmo de Tui, A Festa da Anguía e Caña de Valga, A Vieira, O Lacón con Grelos, A Tortilla de Laro, A Virxe da Franqueira, O San Benitiño, Os Aflixidos de Bouzas, A Semana Santa de Cangas e A Semana Santa de Paradela). 
A estes festexos hai que sumar os engadidos recentemente á guía: A Festa da Lagosta da Guarda, da Rosa en Mos, do Mexillón e o Berberecho en Vilanova de Arousa e da Ameixa de Carril en Vilagarcía de Arousa.
Todas elas son celebracións de gran tradición que sitúan "a provincia de Pontevedra pioneira na fusión da devoción coa diversión, entre as primeiras de España no número de festas de interese turístico".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.