Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de julio de 2015

ORQUESTRA "OS MODERNOS" NOS XOVES DE CÓDAX








A cuarta edición dos xoves de códax, organizado por Adegas Martín Códax, presenta este xoves 23 de xullo o concerto de ' OsModernos'. As entradas están xa esgotadas e o importe destas entregarase á Fundación Andrea invitada a este espectáculo.

O seguinte concerto terá lugar o 30 de xullo. O escenario de Martín Códax acollerá ao Sonoro Maxín. Trátase dun Xoves de Códaxespecial programado con motivo da Festa do Albariño. Para este concerto aínda hai entradas dispoñibles que se poden adquirir a través da tenda online da adega: http://www.martincodax.com/es/15-entradas-a-eventos A entrada de menores de idade aos concertos está totalmente prohibida.

Orquestra Os Modernos
Como consecuencia da súa constante renovación e experiencia a través das súas xiras e viaxes por Europa e América, a orquestra Os Modernos ofrece un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: fox-trotbaião, bolero, habaneira, rumba... sen que se lle esquecen os ritmos do noso propio folclore como a muñeira ou xota. Ninguén se senta cando tocan Os Modernos!
A claridade das lámpadas de cores, o olor a pólvora, o aroma das friameiras, ata a xeometría dos cadros dos manteis levántanse e brindan pola oportunidade dada ao frotis e ao arrechuchecontaxiada polos ritmos bailables da Orquestra " Os Modernos"

Os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile.
Os Modernos está formada por Xosé Tunhas (batería), Joám Casas(clarinete e gaita de fol), Alonso Caxade (trombón), Martín Nogueira (trompeta), Paco Nogueiras (acordeón), Alberto Rodríguez (contrabaixo), Iria Pinheiro (cantante e diva).





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.