Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de julio de 2015

ATACAR UN EVENTO DA BASE DO J. de CAMBADOS É ATACAR AOS RAPACES NIN MÁIS NIN MENOS








Hoxe quedei realmente sorprendido ao ver que no facebook se escribía unha mensaxe denunciando que o pasado sábado 18 de xullo, día no que se celebraba un evento organizado polo fútbol base do C.J.Cambados no parque de Torrado para recadar fondos para os máis pequenos deste clube, unha ou varias persoas facían unha chamada a Policía Local para que lle cerrasen a festa, alegando que, este evento, molestaba ós veciños das zonas colindantes.
Faro de Vigo
Debo decir, antes de nada, que dunha maneira ou doutra, estiben ligado a este clube, primeiro sendo xogador nas categorías inferiores dende o ano 1993 ata o ano 2001 e logo como monitor na tempada 2013/2014. Agora mesmo atópome adestrando nun clube pequeno e humilde, o Armenteira C.F. e ademáis formo parte como xogador doutro clube da vila de Cambados, o Beiramar C.F. de Castrelo, polo que se pode decir que o fútbol forma parte da miña vida. Pero debo aclarar que a maior parte da culpa de ser como son e de amar este deporte foi grazas os adestradores e a formación recibida, tanto social como deportiva, durante a miña época no fútbol base do C.J.Cambados e máis tarde no E.F.B.Vilanova.

Hoxe en día teño que vivir coas inxustizas sufridas polos rapaces que practican este deporte xa que, o clube do que formo parte, sófreas día si e día tamén. Como algúns ben saberedes o Armenteira C.F. ven solicitando un campo digno para os rapaces, o cal e denegado continuamente. Pero este non é o caso polo que fago este escrito.

O caso que me leva redactar estas verbas é a denuncia sufrida polos organizadores do evento. Non podo quedarme calado ante este desprecio. Esta denuncia, na miña opinión, véxoa como un ataque político máis que contra o evento en si. Pero o denunciante non se dá conta que o dano non llo fai nin o axuntamento nin a ningún partido político, se non a todos os rapaces que, con ilusión e esforzo, practican este deporte que tanto lles gusta.
No ano 2010 a selección española de fútbol gañou, por primeira vez na historia, un mundial de fútbol, o celebrado en Sudáfrica. Petardos, bombas, automóviles pitando, xente cantando polas rúas, en fin, unha ledicia xeral. Pero isto non molestaba, ¿non? Algún dirá, “¿e iso que ten que ver?” Pois ten que ver en que, todos eses xogadores que foron campións do mundo anteriormente formaron parte do fútbol base dalgún clube. Todos os xogadores que forman parte dalgún clube importante antes tiveron que formarse para ser o que hoxe en día son. Se lle hubesen posto trabas ós clubes que os formaron non chegarían a donde chegaron. ¿Por que hai que facelo entón co fútbol base do C.J.Cambados?
Só quero pedir, que antes de levar a cabo un acto, como a denuncia de este evento, razoemos no dano que podemos estar causando, e a quen llo estamos causando, e non só as razóns que nos levan a poñer a demanda.
Eu continuarei defendendo o deporte base, sexa a disciplina que sexa, e defendereino moito máis que o profesional, debido a que unha casa contrúese pola cementación e non polo tellado.
Sen máis, e agardando que este escrito non lle pareza mal a nadie, despídome cunha forte apreta.


“Viva o C.J.Cambados”, e se me permitides “Aupa Armenteira C.F.” e “Arriba Beiramar”


Firmado:

“Tilín” Estévez








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.