Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de julio de 2015

A INVESTIDURA DE CABALEIROS SERÁ FINALMENTE NO PATIO DE ARMAS DO PALACIO







O Capítulo Serenísimo non cede e finalmente o acto de nomeamento dos Cabaleiros e Damas do Albariño farase no Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns
Onte pola tarde estaba previsto que o presidente do Capítulo,Pedro Piñeiro, se reunise con representantes do cuatripartito para pechar de xeito definitivo o lugar no que se vai celebrar a investidura. Dende o cuatripartito tiñan claro que é o Capítulo Sereno, como entidade privada, o que ten a última palabra. Pero tamén argumentan que o Concello se gasta neste acto máis de vinte mil euros e que, polo tanto, este debería estar aberto a todos os veciños, decía Fátima Abal, a alcaldesa.


Nunha reunión que mantiveron a semana pasada representantes do Concello na Subdelegación só lles dixeron que era algo novedoso e que precisaban tempo para ler un plan que tiña máis de cen follas.
Dias despois, a alcaldesa reuniuse de novo cun representante das forzas de seguridade. Este recomendoulles cambiar o tipo de valos co que prevén pechar Fefiñáns e incluír no documento os axentes da Garda Civil e Policía Nacional que tamén ían colaborar.

Polo tanto un evento pagado con cartos dos cambadeses queda unha vez máis relegado a uns cantos cambadeses e visitantes. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.