Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de junio de 2015

SORTEADAS AS PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS DA LANZADA E PRÍNCIPE FELIPE






O venres pasado realizouse no Edificio Administrativo da Deputación o sorteo
das prazas para os campamentos de verán da Lanzada e Príncipe Felipe.
Seguindo as normas establecidas nas bases da convocatoria, o reparto das prazas realizouse mediante un complexo sistema informático, cuns resultados que se publicarán hoxe na páxina web da Deputación. Os datos desa resolución, a admisión no campamento de destino e a quenda asignada tamén lles foron comunicados mediante unha SMS ós pais dos nenos solicitantes. Os proxenitores recibiron unha mensaxe de texto dando conta do resultado no número de teléfono que facilitaron na solicitude.
Así mesmo, nesa mensaxe de texto recibirán un código co que terán que realizar o pagamento da praza no tempo establecido. Este aboamento poderase facer vía telemática, introducindo o código que se lles facilitou na SMS, ou en persoa nalgunha das oficinas da entidade bancaria establecida para efectuar o aboamento (terán que indicar tamén o código asignado).
No caso de que non se cumpran os requisitos establecidos (non se realice o pago no prazo establecido) ou se renuncie á praza asignada hai unha lista de espera para os nenos que non foron seleccionados no sorteo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.