Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de junio de 2015

BAIXA O PARO NA COMARCA







Ao igual que no mes anterior O Salnés pechou o mes de maio con 487 parados menos, sendo a baixada máis significativa a rexistrada en Vilagarcía de Arousa, onde 121 persoas atoparon traballo o mes pasado.
Síguenlle O Grove con 89 contratos asinados, Cambados con 66, Sanxenxo con 65 parados menos e Meaño con 49 menos. Tamén Vilanova de Arousa rexistrou 32 novos traballadores, Meis 26 parados menos e A Illa de Arousa con 19 novos contratos asinados.

Na actualidade buscan traballo 11.643 persoas no Salnés.

O desemprego baixou en maio en Galicia en 7.780 persoas respecto ao mes anterior. Supón unha baixada do 3,18%, algo superior á media de España, que se situou no 2,72%.
Respecto a maio de hai un ano, o descenso do paro en Galicia tamén é superior á media do resto do Estado.
Por provincias, o desemprego reduciuse en todas, onde máis, en Lugo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.