Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2015

PACTO PARA O GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS








PACTO PARA O GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS NO PERÍODO 2015/2019

Nas eleccións municipais do pasado 24 de maio os veciños e veciñas de Cambados decidiron que o noso concello contara cunha maioría plural composta por catro forzas políticas PSdG-PSOE contres concelleiros, BNG con 3 concelleiros, Somos Cambados con 2 concelleiros e Cambados Pode con 1 concelleiro.
As catro forzas políticas conscientes da responsabilidade que asumen comprométense a levar adiante un ACORDO PROGRAMÁTICO PARA O MANDATO 2015/2019.
Despois de 28 anos de goberno da dereita entendemos que o novo goberno debe marcarse como primeiro obxectivo a democratización do noso concello de xeito que a Casa do Concello sexa a casa de todos os cambadeses e cambadesas.
Na complexa situación social que estamos a vivir marcada por unha crise económica que afecta a moitas familias do noso concello entendemos que a institución municipal debe ser sensíbel, estar atenta ás necesidades dos veciños e veciñas e traballar por mellorar a súa situación dentro das nosas competencias.
A transparencia, a participación e a proximidade aos cambadeses e cambadesas serán a base da nosa acción de goberno, e a cooperación, a lealdade e o respecto mutuo entre os integrantes os principios polos que seguiaráesa acciónde goberno.
Conscientes de que este goberno está composto por catro organizacións políticas distintas, con ideoloxías e programas diferentes adoptamos o acordo de considerar como puntos programáticos comúns e por tanto puntos programáticos do goberno para tentar executar neste mandato de catro anos os seguintes:



CUESTIÓNS PROGRAMÁTICAS:
– Actuar con transparencia diante dos veciños e veciñas, tratando a todos e todas por igual.
– Realizar unha auditoría sobre a situación económica do concello.
– Inventario de bens inmóbeis do concello.
– Modernización do rexistro do concello introducindo o sistema de etiquetas inviolábeis.
– Garantir a transparencia e a equidade no acceso aos postos de traballo e en todos os concursos públicos e contratacións de obras e servizos.
– Posta en marcha dunha bolsa de emprego municipal “PÚBLICA E TRANSPARENTE” onde todos os veciños poidan acceder en igualdade de condicións e por rigorosa orde de mérito e capacidade.
– Abrir aFesta do Albariño á participación dosveciños e veciñas (paraeste ano supresión do “paseillo”, celebración da cerimonia na Praza de Fefiñáns e restrición dos convites).Creación dun Padroado para organización e impulso da Festa do Albariño.
– Reclamar a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para Cambados.
– Priorizar o gasto social, de maneira que se aumente o orzamento municipal a políticas sociais.
– Defensa dos servizos públicos iniciando as xestións para a recuperación daqueles servizos municipais concesionados ou externalizados.
– Proceder ás xestións precisas para a eliminación do proxecto das Comportas do saco de Fefiñans.
– Posta en valor e humanización do conxunto do casco histórico.
– Asumir o idioma galego como o idioma propio da comunicación e actuación municipal.
– Proceder á separación entre a institución municipal e as distintas confesións non participando de xeito oficial en actos relixiosos.
– Crear un viveiro de empresas.
– Solicitar a inclusión de Cambados no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
– Completar a rede de saneamento e abastecemento de auga.
– Transformar a páxina web municipal, facéndoa máis dinámica e interactiva, impulsando a administración electrónica.
– Publicación vía web de gastos e ingresos das arcas municipais, acordos e actas, contratos maiores e menores,…
– Promover a realización de melloras no Centro de Saúde e reclamar a atención pediátrica de urxencias.
– Reconverter o edificio da Merced nunha casa da xuventude, centralizando todos os servizos e con locais de ensaio.
– Creación dun Instituto Municipal de Deportes.
– Recuperar as parcelas do polígono industrial Sete Pías sen actividade.
– Crear unha caixa de financiamento local para proxectos emprendedores
– Establecer bonificacións nos impostos e taxas municipais para familias en risco de exclusión, comercios de nova creación ou autónomos.
– Baixada dos Impostos e Taxas Municipais en función do resultado da auditoría anual externa.
– Posta en valor de todas as manifestacións da nosa cultura popular, con especial atención á recuperación do noso patrimonio material e inmaterial e á presenza destacada do noso folclore, música e artesanía nas festas e eventos organizados ou apoiados polo concello.
– Consulta Previa aos veciños dosproxectosmunicipaissignificativosa través das canles que se creen para implantar dita metodoloxía.
– Introdución dosorzamentos participativos.
– Xestións para a construción dun novo cuartel da Garda Civil.
– Aumento do número de paneis informativos no caso urbano e nas parroquias.
– Arranxo das áreas de xogos infantís e introducir elementos adaptados para persoas con problemas de mobilidade.
– Crear as canles precisas para a participación dos veciños e veciñas na vida municipal por medio de consellos sectoriais e territoriais, regulamento de participación cidadá e outros mecanismos que se acorden.
– Implantación dun sistema de participación do persoal do Concello para a mellora do servizo, buscando a súa máxima implicación para acadar os obxectivos de calidade e servizo aos veciños. Buzón de suxerencias.



ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DO PSdG-PSOE:

ALCALDÍA
Representación oficial do concello.
Coordinación e portavocía do goberno(compartida con Somos Cambados).

FOMENTO DO EMPREGO E TURISMO
Políticas de fomento do empregoe formación defuturos empregados,servizo de orientación laboral.
Proxectos e programas de promoción turística e proxección exterior do concello, oficina municipal de turismo.

XEFATURA  DA POLICÍA LOCAL
Coordinación e dirección directa da policía local. Dirección e coordinación en materia de tráfico.

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E XESTIÓN DO COÑECEMENTO
Administración electrónica, TICs, páxina web municipal, proxectos de desenvolvemento das novas tecnoloxías.

MULLER E POLÍTICAS DE IGUALDADE
Oficina de Información á Muller, Proxectos e programas destinados a avanzar nas políticas de igualdadede xénero.

XUVENTUDE
Iniciativa, programación e xestión de actividades e políticas para a xuventude (área compartida co BNG).

PERSOAL
Contratación, xestión e control de persoal, réxime disciplinario. Relacións con Comité de Empresa e Xunta de Persoal.




ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DO BNG:

ENSINO, PATRIMONIO E CULTURA, DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
Iniciativa, programación e xestión deactividades culturais, lúdicas edeportivas.Relacións cos colectivos e asociacións da área.Defensa e posta en valor do noso patrimonio.
Proxectos de dinamización do uso do galego.
Programas eproxectos relativos ao ensino.
Infraestruturas e xestión das instalacións da área.

MEDIO AMBIENTE, MAR, E PARROQUIAS
Proxectosde posta en valor e potenciamentodo medio natural,  marítimo e rural.
Proxectos e programas relativos aos sectores económicos vinculados ao mar e ao agro e xestión da Praza de Abastos.
Servizos territorializados nas parroquias, competenciasnestes ámbitos xeográficos: xestión coordinada de actuacións puntuais de iluminación,vías, parques;e instalacións socioculturais e deportivas.
Impulso dos Consellos Parroquiais  e a representación dos mesmos.Competencia funcional do persoal paramellora e ampliación de zonas verdes, e xardíns.






ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DE SOMOS CAMBADOS:

SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCEIRA  IDADE
Coordinación dos servizos sociais municipais eda axuda a domicilio. Programas de atención e promoción social: prevención da exclusiónsocial, loita contra a pobreza, as adicións, etc…
Programas e proxectos de dinamización social e cohesión comunitaria.
Programas de atención á terceira idade e á infancia.
Educación para a saúde
Competencias municipais relacionadas coa sanidade.

ECONOMÍA, FACENDA, COMERCIO, INDUSTRIA E PROMOCIÓN ECONÓMICA
Elaboración de orzamentos e gasto público, control e seguimento da evolución económica do concello, ingresos e gastos.
Programas e proxectos de apoio e potenciación do tecido comercial local.
Polígono Industrial.




ÁREAS DE GOBERNO COMPETENCIA DE CAMBADOS PODE:

URBANISMO, OBRAS E SERVIZOS. MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Planeamento básico e desenvolvemento da actual normativa.Disciplina Urbanística, planeamento, xestión e execución. Vivenda.
Coordinación e control de obras e de mantemento de servizos (abastecemento de auga, sumidoiros, iluminación).
Recursos hidráulicos.
Obras infraestruturas e dotacións.Mantemento e mellora de instalacións municipais.Conservación e mellora da rede viaria municipal.
Limpezaviaria e de espazos públicos,recollida exestión de residuos sólidos urbanos.
Administración xeral das infraestruturas.
Direcciónorgánicado persoal de obras e servizos varios coordinada conáreas das que teñan dependencia funcional.
Protección Civil.
Seguridade e orde pública, ordenación do tráfico e estacionamento, mobilidade urbana.

ENOTURISMO E SECTOR DO VIÑO
Proxectos e programas de fomento dosector turístico relacionado coa cultura do viño.
Políticas de apoio e defensa do sector do viño (compartida co BNG).

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Xestións e relacións do concello con outras institucións (área compartida co PSdeG-PSOE).
As competencias da alcaldía, incluída a sinatura, deléganseen cada un dos concelleiros ou concelleiras responsábeis das áreaspara a planificación, coordinación, impulso e seguimento  do seu ámbito competencial, así como a facultade de dirección dos servizos correspondentes, a súa xestión, contratación e execución orzamentaria.Cada concelleiroou concelleiraé portavoz do goberno na súa área.




ESTRUTURA:
– Alcaldía: PSdeG-PSOE
– Primeira tenencia de alcaldía: BNG
– Segunda tenencia de alcaldía: Cambados Pode
– Terceira tenencia de Alcaldía: Somos Cambados

– Xunta de Goberno: reunións ordinarias semanais, composición:
-2 membros do PSdeG-PSOE
-2 membros do BNG
-1 membro de Somos Cambados
-1 membro de Cambados Pode

– Xunta de Portavoces: reunións ordinarias previas aos Plenos

– Pleno: ordinariamente cada mes. Entrega de documentación con tres días de antelación.


MANCOMUNIDADE DO SALNÉS:
– Asunción por parte do BNG da representación do concello na Comisión Executiva da Mancomunidade do Salnés que será delegada pola alcaldía.
– Asunción por parte de Somos Cambados de 1 representación no Plenoda Mancomunidade.


DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS:
– PSdG-PSOE: 1 dedicaciónexclusiva:40.000 euros
– BNG: 1 dedicaciónexclusiva: 39.500 euros
– Somos Cambados: 1 dedicación parcial:  22.500 euros
– Cambados Pode: 1 dedicaciónexclusiva:39.500 euros



MEDIDAS DE COORDENACIÓN E CONTROL:
– Límite de gasto por área: todos os proxectos, gastos ou pagos que superen os 2.500 euros serán levados á Xunta de Goberno.
– Os concelleiros do grupo de goberno que non formen parte da Xunta de Goberno poderán asistir á mesma con voz pero sen voto.
– Cada grupo poderá levar á Xunta de goberno un asesor se así o considera, con voz pero sen voto.
– Na Xunta de Goberno os acordos adoptaranse por consenso de non se acadar o consenso nun tema o acordo adoptarase por maioría.
– Cando haxa actos de Protocolo ou públicos deberá informarse a todos os membros da corporación da celebración dos mesmos, a efectos de que poidan asistir se o desexan.



Constituirase unha Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Goberno, integrada polas catro organizacións políticas asinantes. Esta Comisión de Seguimento reunirase cando así o solicite calquera das organizacións asinantes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.