Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2015

FIRMADO O PACTO DE GOBERNO DE CAMBADOS











O pacto de goberno de Cambados xa está asinado. Así o fixeron esta mañán as catro forzas que o conforman, PSOEBNGSomos Cambados e Cambados Pode, diante dos medios de información e unha vintena de cambadeses. Un dos puntos que máis desexaban coñecer os cambadeses foi resolto, o custo será inferior ao do último goberno do Partido Popular, concretamente en 10.000 euros. 

alcaldesa, a socialista Fátima Abal, percibirá 40.000 euros pola súa dedicación exclusiva, 6.000 menos que o seu predecesorVíctor Caamaño (BNG) e José Ramón Abal (Pode) terán un soldo de 39.500 euros brutos anuais, respectivamente, mentres que Xurxo Charlín (SC) cobrará 22.500 euros. Os dous cargos de confianza( ou designados a dedo e que non facían función política nin atendían aos cambadeses, desaparecen. Finalmente, a rexedora delega en Caamaño o seu posto na Mancomunidade do Salnés. Tino Cordal acompañará o tenente de alcalde no organismo comarcal. Na rolda de prensa fíxose evidente o malestar con Aragunde  e a sua falla de cortesía e outras cousas relacionadas co traspaso de poderes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.