Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de junio de 2015

MAÑÁN COMEZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE BALONCESTO






A partir das 09:30 horas do domingo o balón poñerase en xogo para dar comezo ao Campionato de España Infantil Masculino; unha cita na que o subcampión de Madrid -Movistar Estudiantes- defenderá o título logrado o pasado curso.

Cos mellores xogadores da xeración do 2001 sobre a cancha, Cambados, Vilanova e Meaño disfrutarán de seis intensos días de baloncesto que arrancarán a primeira hora do domingo para poñer en xogo os primeiros triunfos dunha primeira fase na que se poñerán en xogo os billetes para as eliminatorias.

A Primeira Fase contará con tres xornadas (14, 15 e 16 de xuño) con sistema de liguilla a unha volta no que os dous primeiros clasificados se meterán en oitavos de final (17 de xuño). O xoves 18 xogaranse os cuartos de final (xa todos no Pavillón Pombal), o venres 19 as semifinais mentres que o sábado 20 se disputará a gran final.


Grupos de competición - Infantil Masculino:
Grupo A: Real Madrid, Cartagena, Bosco Salesianos y Melilla Baloncesto
Grupo B: Unicaja, Fundación 5+11, RGC Covadonga y CBC D'ELHUYAR 2001
Grupo C: CAI Zaragoza, CA Montemar Roja, Aranguren Multibasket 2002 e Instituto Rosalia.
Grupo D: Valencia Basket, Gran Canaria, Academia Evolución y EBA (Albacete)
Grupo E: FC Barcelona, Vass Alcobendas, Fundación Baloncesto León y San Antonio Cáceres
Grupo F: Movistar Estudiantes, Santo Domingo Tenerife, EASO San Sebastián y CB Andujar
Grupo G: UB Sant Adrià, Baloncesto Sevilla, CD Boscos Ciutadella y PBB
Grupo H: Canterbury Idecnet, Juventut Badalona, CB Peñas Huesca y Medio Cudeyo Piensos Juan. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.