Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2015

ESTE VERÁN SERÁ MÁIS QUENTE QUE OS DERRADEIROS






O verán traerá a Galicia temperaturas superiores ás normais e un nivel de chuvia normal.
Era a predición que facía esta mañá na Coruña o delegado da axencia española de Meteoroloxía, Francisco Infante.
Tras unha primavera moi cálida e seca en Galicia, o verán, que chegará o domingo ás seis e media da tarde, continuará na mesma tónica.

Así o explicaba o Delegado en Galicia da AEMET, quen a pesar de facer fincapé na dificultade da predicción a longo prazo nesta latitude, fala dun verán con temperaturas máis altas do normal e un nivel de precipitacións típico do verán.
O delegado da Axencia Española de Meteoroloxía subliñou tamén que a noite de San Xoán entrará en Galicia aire do atlántico, que baixará as temperaturas e traerá algunha nebulosidade, sen descartar a posibilidade de precipitacións débiles.


Para os próximos días, o delegado da Aemet comentou que o tempo se manterá baixo a influencia anticiclónica todo o fin de semana e principios da seguinte semana. Non obstante, o martes, de cara á noite de San Juan, prevese a entrada de nubosidade que podería deixar algunha "precipitación débil" de madrugada na costa galega. En canto ás temperaturas para esa noite, serán "algo máis frescas" do habitual.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.