Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS VALORAN DE FORMA POSITIVA OS RESULTADOS DO DOMINGO






Os Socialistas de Cambados valoramos moi positivamente os resultados electorais, e estamos abertos ao diálogo coas demáis forzas políticas.
As eleccións municipais do 24 de maio supuxeron un punto de inflexión no panorama político cambadés. Despois de 28 anos de maioría absoluta por parte do Partido Popular, os veciños e veciñas do noso municipio expresaron nas urnas un rexeitamento maioritario á forma de facer política levada a cabo polo PP.
Dende a Agrupación Socialista de Cambados queremos, en primeiro lugar, darlle as grazas aos 1422 veciños e veciñas que expresaron nas urnas a súa confianza no noso proxecto e no noso equipo encabezado por Fátima Abal. Esa confianza, que será devolta en forma de traballo e esforzo incansable en favor dos cambadeses e as cambadesas, convirte ao PSdeG-PSOE na máis votada das forzas que representamos unha alternativa ao PP e a Luis Aragunde.
Os votos dos cambadeses e cambadesas deixan dúas mensaxes claras: por unha banda, o rexeitamento antes mencionado ás políticas do PP. Por outra banda, a ausencia de maiorías absolutas é unha chamada ao diálogo e ao entendemento entre as distintas forzas.
Por eso, os Socialistas de Cambados abriremos un diálogo coas demáis forzas, sempre e cando esas forzas aposten por unha forma de gobernar limpa, transparente, que lle dea a voz á veciñanza. A condición que os socialistas poñemos para o diálogo é que as demáis forzas queiran un Concello que estea ao servizo dos veciños e veciñas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.