Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de mayo de 2015

CAMBADOS CONTA CON DOUS NOVOS CAMPIÓNS NACIONAIS






Este fin de semana pasado, celebrouse no Centro Cívico de El Boecillo, de Valladolid, o Campionato de España I.B.F.A., de Físicoculturismo e Fitness, ata o que se desprazaron os competidores do ximnasio Vital Sport de Cambados, formando parte do equipo de competición do Body Sport Team de Pontevedra e dirixido polo preparador Julio García Pampín,  Eloy  González Costa e Micaela Santillán Nanín, os cales se  proclamaron  Campións de España I.B.F.A., 2015 na categoría Mister Body Fashion Talla Alta, e Miss  Body Fashion, respectivamente. 

Tras o bo papel da semana pasada no campionato nacional Olimpia de A.E.F.F. no que Eloy, se alzou coa segunda plaza, proclamándose Subcampión nacional Olimpia, e no que Micaela, tras unha mala pasada que lle xogaron os nervios no primeiro dos dous días de competición, e boa actuación o domingo, obtendo a novena posición, ambos os dous conseguiron coroarse como Campións de España en cada unha das súas respectivas categorías, no caso de Micaela, por diante da competidora vencedora do Olimpia de AEFF celebrado a semana anterior, a cal quedou en terceira posición neste, e clasificándose ambos os dous para participar no Campionato Mundial, Mister e Miss Universo que se celebrará os días 4 e 5 dejulio na localidade Italiana de Sapri.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.