Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2015

O CONSELLO REGULADOR "RIAS BAIXAS" EN CAMBADOS APOSTA DECIDIDA DE SOMOS CAMBADOS






SOMOS CAMBADOS considera que a ubicación da sede do Consello Regulador
“Rías Baixas” en Cambados sería un factor fundamental para a creación de emprego no sector servizos, o máis castigado pola crise e ao que pertencen máis da metade dos desempregados cambadeses. A profunda crise que está a padecer Cambados, cunha taxa de paro superior á media comarcal, provincial, galega e estatal, é unha razón máis para retomar esta xusta reivindicación e, coa unión de toda a cidadanía, conseguir que Cambados se converta a todos os efectos na capital do Albariño.  
Pola cantidade de xente que mobiliza e o volume de negocio que xera durante os doce meses do ano,  a sede do Consello Regulador constituiría un revulsivo económico extraordinario para o tecido industrial cambadés, nomeadamente para o comercio e a hostalería.É necesario lembrar que por cuestións administrativas e técnicas, os 6.500 viticultores teñen que desprazarse varias veces ao ano a Pontevedra.
O traslado a Cambados do persoal do Consello Regulador, que nalgúns meses do ano supera os 40 traballadores, e as continuas visitas que durante todo o ano realizan á sede de “Rías Baixas” numerosos profesionais e empresarios de diferentes sectores relacionados co marketing, exportación e outras áreas de negocio do mundo do viño, suporía un importante impulso para a nosa economía.
Ademais, Cambados sería o centro das actividades de promoción  do Albariño. Nos últimos anos vén sendo habitual que o Consello Regulador contrate os programas de maior audiencia da radio, de tal forma que periodicamente visitan Pontevedra para realizar os seus programas en directo, o que supón mobilizar un gran número de xornalistas, tertulianos, persoal técnico e demais colaboradores. Como é ben coñecido, a pesar de que a finalidade deses programas é a promoción do Albariño, Cambados e O Salnés están totalmente ausentes, sendo a única beneficiada a vila de Pontevedra que, convén recordalo, non está incluída na Denominación de Orixe. Para estas e outras actividades de promoción, o Consello Regulador conta con máis de 2 millóns de euros, dos que unha boa parte son aportados polos propios viticultores e adegueiros. Realizar estes eventos en Cambados constituiría unha oportunidade inmellorable de promoción da nosa vila, que redundaría na xeración de riqueza e na tan necesaria creación de emprego.
Non só o noso sector servizos resultaría beneficiado, tamén o serían os 5.000 viticultores do Salnés, que representan o 75 % do total da Denominación de Orixe, posto que ademais de evitar desprazamentos a Pontevedra,  facilitaría a realización de xornadas técnicas cerca do lugar de procedencia dos viticultores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.