No día de hoxe, o Xuzgado do Contencioso de Pontevedra comunicou á Portavoz socialista a data fixada polo Xuzgado para resolver as presuntas ilegalidades no tema da Rpt, será o vindeiro 17 de decembro ás 9:00.
Os socialistas votaron en contra da aprobación inicial en Pleno e presentaron alegacións a esta aprobación que foron rexeitadas pola bancada popular, procedendo á súa aprobación definitiva só co voto a favor deste mesmo grupo.
Tanto os Socialistas de Cambados como un grupo de traballadores do Concello, presentaron entón, o anuncio do recurso e posteriormente formalizaron a demanda no prazo establecido polo Xuzgado xa que “na Rpt aprobada polo grupo popular, aparecen unhas subidas salariais de determinados traballadores afíns o PP, que ademáis supoñen unha ilegalidade ó contradecir a propia Lei aprobada por Rajoy de Orzamentos Xerais do Estado. Tamén se producen uns aumentos nos salarios de determinados traballadores, e concepto de complementos específicos, de productividade e de gratificacións que superan as cuantías legais. Estamos unha vez máis ante os favoritismos e amiguismos ós que nos teñen acostumados neste e noutros Concellos gobernados polo PP. A gran maioría destes traballadores foron contratados a dedo estando pendente un proceso de selección desde hai 8 anos, non teñen nin sequera a titulación nin a categoría profesional para estar nesa praza que ocupan. Entre eles hai familiares e xente afín ó seu partido. Éstes mesmos traballadores, son moitos dos que estes días se adican a colgar carteis e pancartas, a repartir os votos e mesmo a facer de interventores e apoderados nas eleccións. Basta xa, de tanto amiguismo e favoritismo, mentres outros traballadores do Concello, que tamén presentaron unha demanda, saen perxudicados nesta Relación de Postos de Traballo, por non seguir a corrente da bancada popular. Mentres, outros veciños están na casa estando moito máis preparados, coas taxas do proceso de selección do 2007 pagadas, e seguen esperando a súa oportunidade para poder traballar.“
“Confiamos na Xustiza para que, ó igual que ocorreu, noutros Concellos se frene esta forma que ten o PP de xestionar os empregos, esta é a xestión da que presumen: rodéanse de amigos e non de xente válida para o posto que están a desempeñar, e despois non saben se o que lles chega do xuzgado é un Auto ou unha Sentencia, non saben se a teñen que cumprir ou non, non cumpren os prazos, conceden licencias irregulares, non saben onde están os expedientes, desaparecen as licencias, non saben porque se lles embargan contas a hosteleiros, e fan directamente o que lles da a gana, porque non saben facer as funcións propias dese posto. Esperamos que a Xustiza lles explique que non se poden crear prazas a medida para os amigos e que impere o dereito de igualdade de oportunidades para todos“

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.