Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2015

FÁTIMA ABAL APORTA AS PROBAS DE QUE ARAGUNDE MINTE UNHA VEZ MÁIS





 Tras a investigación aberta polo Xulgado, os socialistas de Cambados cren que “as contradicións delatan a Aragunde”

* Fátima Abal Roma afirma que “Aragunde minte agora ou mentía antes”.
* Despóis de anunciar “a bombo e pratillo” o investimento realizado polo Concello e a Deputación Provincial, o Alcalde de Cambados nega agora que se investisen cartos públicos nas obras obxecto da investigación.
A candidata socialista á Alcaldía de Cambados dí que “este turbio asunto fala ben ás claras cómo entende o Partido Popular o urbanismo e a xestión dos cartos públicos”.

Despois de que o Xulgado de Cambados incoara Dilixencias Previas contra Luis Aragunde por un presunto delito de malversación de caudais públicos en relación coas obras de urbanización executadas polo Concello de Cambados nas rúas Albariño e Xoan Paulo II, os socialistas de Cambados denuncian as contradicións nas que incorre o actual Alcalde de Cambados e candidato do Partido Popular á reelección.
Mentres durante os pasados meses de outubro e novembro de 2014 distintos medios de prensa facíanse eco da nota de prensa remitida polo Concello de Cambados en relación cos investimentos executados polo Concello de Cambados e pola Deputación Provincial de Pontevedra nas obras de urbanización das Rúas Atlántico e Xoan Paulo II, agora, unha vez incoadas Dilixencias Previas polo Xulgado de Cambados, Luis Aragunde declara a un medio de conunicación que non se investiron cartos públicos nas devanditas obras.
Fátima Abal considera que “Aragunde minte agora ou mentía antes”. A candidata socialista á Alcaldía de Cambados considera que ademáis das explicacións que o actual Alcalde terá que dar en sede xudicial, Aragunde ten que explicarlle aos vecinos porqué destinou medios do Concello de Cambados a sufragar uns gastos que correspondían aos promotores das edificacións.
Os socialistas cambadeses consideran que este turbio asunto fala ben ás claras cómo entende o Partido Popular o urbanismo e a xestión dos cartos de todos.



Esta nota de prensa ven  acompañada da denuncia e das actuacións xudiciais ata agora practicadas. Tamén os medios de proba aportados e incluso a Escritura da hipoteca constituida como aval, así como os enlaces nos que saíu a noticia, dous dos cales xa os podedes ver nas imaxes. Preme nas imaxes para velas ampliadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.