Rafael Louzán deixa unha porta aberta a un posible pacto co BNG co obxectivo de gobernar a Institución Provincial. Sería, di, o pacto natural por Pontevedra, cando lles convén á xente do PP certos pactos son naturais e cando non son "anti-natura. Di Louzán que sempre se demostrou o entendemento por enriba de todo. Supoñemos que o dirá polas trifulcas sobre Pasarón, a diferencia en tratar o tema do lixo ou a o ben que está ENCE en Pontevedra.
Louzán tampouco negou a posibilidade de agasallar ao partido nacionalista cun bo posto na Institución. Claro o "carameliño" para que piquen.
Si hai dous dias Louzán deixaba a porta aberta a sua saída da Deputación ao non acadar a maioría absoluta e non poder ser Presidente, accederá a abandonala si o "carameliño" se converte en Caramelo e o BNG pide a presidencia?.
E todo esto porque? Porque non quere ao PSOE gobernando a Deputación. Fale con Esperanza Aguirre que en Madrid si lles vale o PSOE.
Mentras tanto non deixa de eloxiar ao BNG, ese mesmo BNG ao que J. Moreira líder dos populares na capital tanto criticou.
Estamos ante a debacle do PP? donde cada un fai a guerra pola sua conta tentando salvar os seus mobles sen importarlle os mobles do veciño, por moito que sexa da "familia" popular.
COUSAS VEREDES!!!!!
2 comentarios:
Bueno tambien cuantas veces dijo el bng que las diputaciones deberian desaparecer,pero si las pueden gobernar no dicen lo mismo.
En principio quen ten que eliminar as Deputacións é goberno central, onde o BNG non ten voz e mentras existan, alguén terá que gobernalas.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.