Matilde Vázquez (Cambados, Pontevedra, 27 de marzo de 1905 - Madrid, 23 de abril de 1992)
Cando estánse a piques do 23º aniversario da morte de Matilde Vázquez e 110 anos do seu nacemento traemos aquí a sua biografía.
Tamén decir que nun portal de internet, TODOCOLECCIÓN parte do seu legado composto por diverso material referente a ela e obras dela coma dibuxos e pinturas, algunhas delas ilustran este artigo, estáse a subhastar.


Entrou no mundo da zarzuela no teatro Fuencarral de Madrid coa obra La del Soto del Parral -dos compositores Reveriano Soutullo e Juan Vert-, co barítono Sagi Barba. O éxito obtido foi tan grande que se converteu nunha gran figura. En abril de 1929 volveu estrear unha obra de éxito, Los claveles do mestre José Serrano, no teatro madrileño Fontalba, xunto co tenor Tino Folgar. No seu repertorio non faltaron as obras do mestre Serrano e de Moreno Torroba.
Foi unha grande intérprete da zarzuela Doña Francisquita de Amadeo Vives no papel de Aurora a Beltrana, xunto co tenor Fleta no papel de Fernando. Cando esta obra foi levada ao cine contratárona a ela para protagonizala.En 1937 representou no teatro Pardiñas de Madrid máis zarzuelas de repertorio: Luisa Fernanda de Moreno Torroba, Los claveles (obra moi solicitada) e Gigantes y Cabezudos de Fernández Caballero. Coa compañía lírica deste compositor levou a cabo unha serie de xiras por Hispanoamérica durante os anos 1934 e 1935, representando nos teatros un bo repertorio de obras xa consagradas. Ao ano seguinte representou xunto a Miguel Fleta no teatro Novedades de Barcelona as obras Luisa Fernanda, María la Tempranica, La Dolores e Dona Francisquita.

No ano 1955 interpretou La verbena de la Paloma en La Corrala de Madrid e algunhas outras obras noutros teatros, pero poucos anos despois retirouse da escea e dedicouse como afeccionada á arte da pintura.
Ten discos gravados con Marcos Redondo, Juan García, Mateo Guitart e Pedro Terol.
Matilde casouse co famoso ventrílocuo e pintor salamantino, Felipe Moreno (tio de José Luís Moreno), que tiveron unha soa filla chamada Matilde como a súa nai.
Obras de repertorio
- Las castigadoras 1927.
- La del soto del parral 1928.
- La del manojo de rosas 1928
- Los claveles 1929.
- La revoltosa.
- La caramba 1941.
- Polonesa en el teatro Fontalba de Madrid, de Federico Moreno Torroba 1942.
- Curro vargas de Ruperto Chapí.
Filmografía
- Doña Francisquita (1935)
- La última Falla, Benito Perojo, 1940
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.