Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2015

VICTORIA IMPORTANTÍSIMA DO CAMBADOS






Un gol de Álex Pena no minuto 6 de partido foi suficiente para que o Cambados se fixera cos tres puntos e seguir na loita por evitar o descenso de categoría algo complicado dado que os resultados de outros equipos involucrados non son favorables aos amarelos. Dominio do Cambados que non foi quen, como case sempre de concretar e remata os partidos sufrindo en exceso.
O Cambados segue no posto 15 da clasificación que o salva do descenso automático pero o descenso en cascada de equipos de Terceira e Preferente galegas arrastraría ao Cambados ao pozo da Segunda rexional. Neste momento a situación do Sanxenxo e Areas en Terceira e Pontellas, Bahía e Pontevedra B na Preferente Sur abocan ao Cambados a unha situación moi complicada e na que tamén hai que agardar posibles ascensos.

JUVENTUD DE CAMBADOS: Jose, Fontán, Alexis, Iván (Pedro, min. 71), Borja, Unai, Rubén (Gabo, min. 89), Sánchez (Bugallo, min. 76), Alex Pena (Brais, min. 93), Cascallar y Rodri (Centeno, min. 63).

SPORTING GUARDÉS: Pazos, Diego Noventa, Benito (Mahoni, min. 35), Fabio, Sergio, Victor, Villa (Alex, min. 46), Enmanuel (Abel, min. 46), Javi (Santi, min. 46 - Miguel, min. 64), Iván y Antón.


ÁRBITRO: David Penedo Portela, auxiliado por Diego Cid e Paula Balboa. Boa actuación, pasou desapercibido. Amoestou, polo Juventud de Cambados a Iván e Borja e polo Sporting Guardés a Diego Noventa e Abel. Tamén mostrou tarxeta amarela aos adestradores dos dous equipos.


A priori parecía que o Sporting Guardés non tería dificultades para quedarse cos tres puntos (dada a diferenza na táboa de clasificación) pero a realidade foi moi distinta xa que se houbo un equipo que mereceu a vitoria foi o Xuventude de Cambados, por interese, loita e todo o que hai que poñer nun partido para poder gañalo.

Aos locais parecía que lles faltaba motivación; debe ser que unha vez situados na zona tranquila da táboa, sen ascenso nin descenso, xa non se xoga co mesmo interese.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.