Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2015

FÁTIMA ABAL RESPOSTA AS ACUSACIÓNS DUNHA TRABALLADORA DE "AXUDA NO FOGAR"





Fátima Abal contraataca as declaracións dunha traballadora de "Axuda no Fogar" do concello de Cambados. E faino desde a sua Páxina do Facebook con estas palabras:
"Respecto ás publicacións que andan a percorrer polas redes, e os "anuncios" de denuncias, decir só 4 cousas: 
1. Mantiven o sábado unha reunión con extraballadoras de Socyser.
2. Non o denunciei antes porque non tiña coñecemento do que sucedía
3. Anuncian denuncia por inxurias, cando non hai tal, e encima a mesma persoa que as anuncia recoñece que todo é certo. Aínda que non fose así, teño probas de todo canto digo para presentar ante un xuíz o ante quen sexa.
4. O culpable, non é o que denuncia, é o que comete o delito".

Dentro deste cruce de declaracións pódese pensar en varias circunstancias. 
-A división entre os traballadores da empresa que presta o servizo.
-A división, polo tanto dos sindicatos e intereses partidistas.
-A empresa non cumpleu cos traballadores, pero hai que prefire facelo público e quen busca unha solución diferente.


O que sí esta claro é que os feitos que conta Fátima Abal e que publicou este blog onte son certos, pois a mesma traballadora os recoñece implícitamente. " Eu non che digo que sexa mentira, só che digo que ti non tiveches ningunha reunión coas tarballadoras como dis no teu artigo". esto dixo a traballadora, pero errando xa que sí existeu tal reunión.




1 comentario:

Anónimo dijo...

Creo que nos estamos salindo do tema, esta señora está decidndo que mantuvo unha reunión con personal de sociser, nos agora non estamos con esta empresa. Gustariame que esta señora dixera con que traballadoras se reuniu, porque dende logo con ningunha das que levamos a cabo as denuncias, a non ser que teña un micro no concello ou unha espia dentro do noso grupo, ou que falara con xente que agora non traballa xa con nos

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.