Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de abril de 2015

"TEATRO CARACOL" ESTREOU ONTE UNHA DE SUPERHEROES





A compañía de teatro Caracol suma e segue. Dende onte e ata o 19 de abril ofrecen unha nova entrega teatral para os nenos dos colexios de Cambados e doutros da bisbarra como os de CorónDena e Vilalonga. Vintedous anos xa desde que comezaron a sua andaina. Esta vez regresan ao instituto Francisco Asorey cunha de superheroes, de modo que polo escenario se pasearán Supermán, Capitán América, Lanterna Verde... e Batman, que é o protagonista indiscutible da montaxe que leva o seu nome.

A compañía Caracol naceu hai dúas décadas por iniciativa dun grupo de pais que tiñan fillos en idade escolar e tiveron a feliz idea de actuar para os rapaces. Aqueles nenos xa son homes e mulleres, pero os pais de entón e outros que se incorporaron despois seguen preparando cada inverno unha obra de teatro para levala a escena en primavera e facelo pasar un anaco agradable a centos de nenos de Primaria.

Para os adultos tamén haberá función. Será, como sempre, o domingo, con pases ás seis e ás oito da tarde. As entradas pódense retirar nos establecementos de Cambados Sansatur e Chinelas por 3 euros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.