
Unha sentenza máis e van unha cuantas, na que a APLU obriga os propietarios dunha casa, neste caso na Pastora a derrubar a súa vivenda.
A casa ten licenza municipal polo que reclamarán indemnización ao concello. A licenza de municipal de obras foi outorgada o 30 de xuño do 2003 e foi concedida sen solicitar a correspondente autorización autonómica.
Os propietarios tiveron que pagar avogado, procurador, costas, e agora teñen que pagar demolición, sanción e gastos para meterse outra vez en xuízo e ir contra o concello.
Todo o que reclamen por vía xudicial pagarémolo entre todos si o xuíz ou xuiza condena ao Concello.
Agora si, quen foi o autor do proxecto e dou o visto bo a obra?
Devolverá os cartos e pagará a parte que lle corresponda?
Cantas veces máis, cantas obras se atopan nesta situación?
Cantas licenzas concedidas ao longo destes anos foron logo anuladas por unha sentenza xudicial?
Xa os Socialistas de Cambados denunciaran en xaneiro deste ano e así o publicou CORES DE CAMBADOS, Qué ocorre entón coas licenzas urbanísticas en Cambados para que a xustiza as anule?” Sentenzas do ano 2011 e 2012 que nos van costar aos cambadeses máis de 200.000 euros aparte das que puideran aparecer con data posterior e desta mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.