Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2015

SAE A LICITACIÓN A CAFETERÍA RESTAURANTE DO POLÍGONO





LICITACIÓN PARA O ARRENDAMENTO DA CAFETERÍA RESTAURANTE SITA NO POLÍGONO DE SETE PÍAS, OUBIÑA (CAMBADOS)
1.—Entidade adxudicataria:
Concello de Cambados. Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
2.—Obxecto do Contrato:
“Arrendamento da cafetería-restaurante sita no Polígono Industrial de Setepías, Oubiña (Cambados)”.
3.—Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Ordinaria, aberto e subhasta.
4.—Tipo de licitación (canon anual):
Que satisfará o concesionario a este concello será o ofertado na súa proposta económica sen que, en ningún caso, poida ser inferior a 3.600,00 €. Fianza provisional: 575,00 €.
5.—Obtención de documentación e información:
Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados). Teléfono: 986520943. Correo electrónico: contratación@cambados.es. Web: www.cambados.es
6.—Requisitos específicos do contratista:
Os recollidos na cláusula 13ª do Prego.
7.—Presentación de ofertas:
Prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).
8.—Apertura de ofertas:
O primeiro xoves hábil, posterior aos cinco días naturais seguintes ao de remate de presentación das propostas constituirase a mesa en acto público a efectos de proceder á a apertura e lectura das ofertas presentadas polos licitadores admitidos.
10.—Gastos do anuncio:
Por conta do adxudicatario.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.