A voceira do PSdeG no Concello de Cambados e candidata á Alcaldía, Fátima Abal, saíu hoxe ao paso das declaracións de Luis Aragunde nas que afirmaba estar en posesión de ‘sentencias‘ que lle dan a razón fronte ás denuncias presentadas polos Socialistas de Cambados ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.
Fátima Abal afirmou que ‘con estas declaracións Luis Aragunde volve a demostrar que solo sabe mentir, mentir descaradamente ante un tema tan serio porque sabe que os socialistas temos razón e así nolo di a xustiza‘.‘Afirmar estar en posesión de sentecias é mostrar unha ignorancia absoluta sobre os procedementos xudiciais. Os cambadeses teñen un alcalde que non sabe nin que é unha sentencia‘, continuou Abal.
‘A xustiza dounos a razón nos tres contenciosos administartivos presentados pola vulneración de dereitos fundamentais dos representates da cidadanía e obrigou ao Concello de Cambados a achegarnos a documentación nun prazo de 5 días. Unha vez que o Concello aporta a información requerida, a causa é arquivada‘, afirmou Fátima Abal.
![]() |
Imaxe: A Ti Meu Cambados |
‘Luis Aragunde e todos os seus asesores que pagamos os cambadeses deberían informarse dos procedementos antes de realizar afirmacións de tal calado só coa pretensión de enganar á cidadanía e non recoñecer que incumplen sistematicamente a lei‘, sentenciou a voceira socialista.
‘A ingorancia e falta de rigor deste goberno local é un lastre para o desenvolvemento da nosa vila e o acontecido hoxe é unha mostra máis de que están nas súas últimas semanas de mandato e intentan agarrarse como poden a pesares de saber as ganas de cambio dos cambadeses‘, sentenciou a candidata socialista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.