Por unha xestión municipal transparente e
libre de corrupción
Dentro das propostas de
cara ás próximas elecións municipais, o BNG márcase como prioridade a profundización na
democracia directa, creando un concello participativo,
transparente na xestión e con capacidade para facer fronte ás necesidades de
veciños e veciñas.
Así mesmo o BNG demanda unha reforma do funcionamento dos
concellos a diferentes niveis: finanzamento, autonomía municipal, agrupacións
de concellos e mancomunidades, desaparición das deputacións…
As liñas de
actuación propostas polo BNG para acadar unha xestión municipal transparente e
participativa son as seguintes:
INCREMENTAR AS CANLES DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
-Neste apartado o
BNG considera imprescindible establecer novas canles de participación: Reforma
do Regulamento Orgánico Municipal, creación dos Consellos Sectoriais (Escolar,
Cultura, Deportes, Económico-Social, Saúde…), Consellos Parroquiais …

-Impulsar o
movemento asociativo para activar e enriquecer a vida municipal; todo o
contrario do que está a suceder na actualidade.
-Facilitar o
emprego de locais públicos para o desenvolvemento de actividades asociativas,
en especial da mocidade.
-Constituir o
Padroado da Festa do Albariño, con participación de todos os sectores; un
organismo que se encargue de planificar, organizar e administrar todo o
relacionado coa festa para que deixe de ser utilizada como
promoción dun partido político.
l APOSTAR POLA TRANSPARENCIA E A ÉTICA NAS ACTUACIÓNS
MUNICIPAIS

-Garantir a
transparencia e a equidade no acceso aos postos de traballo e en todos os
concursos públicos e contratacións de obras ou servizos, coa participación de
todos os grupos políticos nos tribunais de oposicións.
-Revisar o control dos procedementos de contratación
ou selección de traballadores e traballadoras por parte do concello. Elaboración de listas de contratación para
a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo no concello (impedir
que o concello sexa patrimonio dun partido político como fai o PP).
APLICAR UNHA FISCALIDADE XUSTA,
REDISTRIBUTIVA E ADAPTADA Á REALIDADE
- Revisión a fondo
das finanzas municipais a comezo do mandato.
- Reformulación das
taxas e impostos municipais, aumentando a progresividade fiscal, axustando os
baremos á realidade local e axudando a corrixir as desigualdades sociais.
MODERNIZAR A ADMINISTRACIÓN
MUNICIPAL:
-Facer un concello
máis áxil e eficaz. Realizar a reorganización interna primando criterios
de eficacia, eficiencia e austeridade. Crear unha RPT en
función das necesidades do concello e non ao revés (como fai o PP)
-Facilitar os
trámites administrativos a través da rede (ás novas tecnoloxías ao servizo do
cidadán e non de adorno como ocorre agora).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.