Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de abril de 2015

GARDACOSTAS E POL. AUTONÓMICA COMISAN 178 Ks DE AMEIXA EN FERROL E AROUSA





Nun operativo desenvolvido na ría de Arousa foron expulsadas 17 persoas que pescaban de xeito ilegal e comisáronse 68 quilos de ameixa babosa. Ademais, os axentes incautáronse de un angazo e identificaron a 16 persoas, levantando outras tantas actas de presunta infracción.
Tamén na ría de Ferrol outro operativo tivo lugar na zona interna das Pías. Nel foron expulsadas 49 persoas e comisados 110 quilos de ameixa babosa de talla antirregulamentaria. Ademais, os axentes incautaron un raño, un angazo e unha táboa de poliestireno.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.