Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de abril de 2015

DOCTOR ZHIVAGO





Este filme foi no seu día un dos grandes acontecimentos do celuloide. Sir David Lean viña de rodar Lawrence de Arabia e tomou prestada  a novela de Boris Pasternak para xunto a Robert Bolt crear unha das historias de amor de desamor, de vida e morte, máis celebrada polos cinéfilos de todo o mundo. O escritor Ruso tivo que tomalo exilio e Lean non deixou a naide indiferente, tanto é así, que un dos nosos líderes políticos amante do cinema coma min, Pablo Iglesias (Podemos) en recentes declaracións tildouna de capitalista e que dexoba a imaxe do que foi a Revolución Rusa.


Feita esta consideración creo que incurre nun erro o amigo disque do pueblo porque a ficción non pode abarcar tódalas facetas da vida.  É extrapolable o que ocorría na antiga Rusia o que estamos a vivir en Cambados. Na época dos Zares o pobo pasaba fame, frío, e estaba condenado a vivir do pouco que daba o campo, nunhas condicións nas que calquera home se consideraría un escravo. Namentras os xerifaltes vivían entre baños no río, festas, viaxes e vivindo a “tutti plen”. O mesmo acontece aquí, nunha vila de 1660 parados e outros tantos que tentan sobrevivir producto da terra e do mar, que non chegan nin a mileuristas. Despós está o sector servizos que con esos soldos mira na caixa cada día e solta coma escoitei nun comercio:  “Que caixa a de hoxe, cada día menos”, pos sí,  grazas ao Partido do Pueblo, o PP, ese mesmo que nos sablea con impostos a mansalva e que penaliza a todo aquel que non o da por bó, o autor dunha desfeita das relacións laborais, da educación e da sanidade pública. Todo en consonancia co escenificado polo actual Presidente do Goberno na súa primeira reunión:  recibiu aos banqueiros e aos empresarios e a renglón pasado, a traballar para eles.


Certo que anteriores gobernos se deixaron levar por quen non debían, e tiveron que pagar unha peaxe, porque por moito que algúns digan, o pobo é sabio. Outra cousa é como se piden as cousas: aquí para tomalo control mentiron e agora se decatan que teñen que voltar a recuperar a todos aqueles votantes do 2011, segundo palabras de Núñez Feijoó que visitou Madrid e tenta parar o que é unha derrota segura nas eleicións locais e autonómicas en cáseque todo  o país. Pon énfase en que hai que explicarlle a xente o que fixeron, que era necesario. Pos que mo expliquen. Estou a esperar o programa do PP de Cambados, a ver que trae, porque as mentiras, o paro, a corrupción institucional e os contínuos tiróns de ourellas da Xustiza xa as leva. Tentan sembrar un ambiente infernal, con saídas de pata de banco na prensa e nas redes sociais, pero non me sorprende en absoluto. A miña compañeira Fátima Abal Roma  obxecto dun ataque por parte do Concello que a prensa pubricou e que o Concello non é quen de rectificar, porque éste é o xeito que teñen eles de facer política, e as contínuas descalificacións nas Redes Sociais para tentar danar a súa autoestima e a do seu equipo. Perden o tempo, xa volo anuncio:

FÁTIMA ABAL ESTUDIA EMPRENDER ACCIÓNS LEGAIS CONTRA UN PERFÍL FALSO DE TWITTER


Esta Agrupación Socialista de Cambados sufriu unha grande transformación e leva o xerme que tódolos veciños piden: xuventude e valor. Son as xeracións novas ás que debemos escoitar porque son o froito do noso tempo,  no seu berce levan un ideario que aínda que imperfecto na súa totalidade é un marco de convivencia consagrado pola lei e santificado pola tradición, o  mesmo que o actual partido de goberno non cumpre, de tal xeito que unha vez e outra sae nos medios por mor da súa falla de ética e de civismo democrático. Unha auténtica vergonza que fai que aqueles que por motivos de traballo nos temos que desplazaren por Galiza xa coñezan a Luís Aragunde e o seu séquito. Prensa, Internet, televisión,  e un pobo convertido nun espectáculo de feira por unha xente que chegou á política de casualidade, por puro ascenso. Na súa maior parte son seres “desclasados”, nunca atoparon o seu sitio na sociedade porque viven de costas á realidade. Por iso mesmo se xuntan con aqueles que lles podan proporcionar un foco, unha cámara,  unha palmadiña nas costas,  e a ver si a frauta soa e coma si fóra o conto de El Emperador sen Vestido o pobo non se decate de quen somos. Pos chegou o tempo e xa están na rúa inaugurando coa conciencia espida por completo, ladrillos, aceiras,  sen reparar que a xente as pasa estreitas con este modelo de vila.


Pos mira tí por donde, despós da desgrazada morte do compañeiro Rafael Blanco  tomou as rendas unha muller valente e comprometida disposta a os retratar coma só pode facer aquela que ten unha bagaxe humana  e académica sen tacha algunha: Fátima Abal.  E con ela unha xuventude da millor preparada deste país, que tódolos días loita por construíren un futuro onde os valores que tanto tempo levou cimentar éstes están a levar por diante. “Houston: temos un problema con Fátima Abal“. Está metendo una caña bestial, mata aos funcionarios a traballar, e nos pide cousas e cousas, coma se non tivera bastante con estar sentada nun Pleno. E con ela un programa onde fala de que as Institucións teñen que ser un espello para os veciños, onde fala que os colexios teñen que ter unha protección e relevancia porque a educación é sagrada, tanto é así que moitos mestres e mestras no seu tempo foron  o noso segundo pai, a nosa segunda nai. Que os médicos teñen que traballar para que o dereito á saúde non seña un privilexio para as rendas maís altas, senón un dereito. Que non pode ser que a xente maior que pasou toda a vida arrastrando o corpo dun lado para outro seña tratada con esperas, con pago dos medicamentos, con tan pouco respeto. E nin mentar os servizos sociais onde a maior parte do presuposto vai adicada a personal, onde unha lei de dependencia foi cercenada de xeito inmisericorde por un goberno que ten coma adalides da loita obreira a seres que o único que fan é tentar aumentalo seu patrimonio e o dos seus amigos abandonando a súa sorte a aqueles que os colocacaron alí (un uso da boa fe que ten unhas  resultas que son unha auténtica catástrofe).




E a pedra angular, un auténtico pedrusco no pe ou na boca, segundo o destinatario, o PARO na nosa localidade. Non hai un plan estratexico para axudar a esa xente que vive no limbo. Segundo a Candidata á Alcaldía ao Concello de Cambados é prioritario deseñar un Plan de Emprego Municipal,  despós axudar a xente do mar e do campo, para que éstes podan dar o pulo necesario ao comercio. Crear convenios con grandes empresas para que se instalen na nosa vila e que volte a haber en Cambados fábricas, as que éstes os do PP pecharon  para vendelos terreos e especular co uso do solo. Se acabaron e con Fátima Abal eso é seguro as licencias para construir sen ceñirse ao ordenamento xurídico, que nos esta a costar un ril e parte doutro en costas xudicais que saen do peto de todos. Presupostos participativos, achegarse á xente coma está a facer nas parroquias para lle preguntar que é o que necesitan, que os veciños xa están  cansos de festexos e de macetas, flores, e movidas. Hai que ter unhas estradas ben feitas, un alcantarillado na que todos paguen por igual, acabar cos convenios que non amosen ser máis económicos que o que poda facer a Administración cos seus propios recursos. Nunha palabra crear riqueza, e para iso é preciso votar a un goberno progresista, xusto e capaz coma o encabezado por Fátima, que ten éstas premisas coma irrenunciables.



Oscar Manuel Núñez.-



                                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.