O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra ordenou o arquivo definitivo do recurso interposto polo PSOE contra o Concello ao que acusou de non lle facilitar copias dos rexistros de entrada e saída dos asuntos que chegan ao Rexistro municipal.
O Goberno local informou onte desta resolución, xusto un día despois da cal os socialistas desen a coñecer outra sentenza que si lles daba a razón.
“Fátima Abal segue empeñada na súa estratexia de xudicializar a vida política, o cal resulta pouco responsable, pero sérvelle como cortina de fume para disimular a súa carencia de ideas, falta de iniciativa e de propostas para mellorar Cambados”, declaraba o alcalde sobre o tema.
Pois señor alcalde que nos sepamos estes contenciosos págaos o PSOE e non coma os que vostede inventa. Contenciosos contra a admisión de Cid Ferro, por exemplo pagados cos cartos dos cambadeses os recursos e gastos xerados pola concesión irregular de licenzas de obra, que nos van costar un ollo da cara. Cartos que ben se podían adicar a becas ou outros servizos sociais. Pero como non tes fillos non sabes o que costan certas cousas e si os tiveras co teu soldo non terías problemas.Os teus caprichos e erros dos que tes ao lado deberían saír dos vosos petos non dos nosos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.