
A toxina lipofílica ou diarreica colle cada vez máis forza. Nunha semana obrigou a pechar case todas as bateas das Rías Baixas, que nalgúns casos estaban xa fóra de servizo por outra toxina, a amnésica ou ASP.
Segundo os datos da Xunta, só hai bateas abertas en dous polígonos da Pobra, un de Vilagarcía e outros dous en Redondela.
As expectativas non son boas porque os prognósticos, aínda que para hoxe e para mañá dan vento do norte, para os próximos días anuncian que volverá soprar do sur, polo que a toxina non dará abandonado as rías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.