Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de abril de 2015

4000 SELFIES CONTRA #AME






Artistas, deportistas, escritores, políticos, pero sobre todo xente anónima fixeron xa a sua autofoto coa lingua fora para burlarse da "AME"  (Atrofia Muscular Espinal) en solidaridade con Merchi Álvarez Fernández e todas as persoas que como ela padecen esta rara enfermidade.
Temos que seguir para acadar as 5000 autofotos que nos propuxemos e xa so quedan 1000. Levamos 4000 en  case 2 meses pero temos que seguir.
Prensa nacional e local, radios locais xa se fixeron eco do evento.
Como sabedes o reto consiste en conseguir 5000 selfies de persoas botándolle a lingua a esta enfermidade. Podedes poñer o hashtag #stopAME nas vosas fotografías no evento creado polo Grupo Cambados Noticias neste ENLACE.

QUE É A "A.M.E."

A Atrofia Muscular Espiñal (AME) é unha enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular. Isto acontece debido á afectación das neuronas motoras da médula espiñal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofíen.

A atrofia Muscular Espiñal (AME) é unha enfermidade hereditaria autosómica recesiva: ambos os dous pais teñen que ser portadores do xene responsable da enfermidade. Aínda que ambos os dous pais sexan portadores, a probabilidade de transmitir o xene defectuoso é do 25%: un de cada catro e independente en cada novo embarazo.



Considérase a segunda causa principal de enfermidades neuromusculares, cunha incidencia de 4 afectados por cada 100.000 persoas. Dáse en ambos os dous sexos por igual (as formas infantís).

Calcúlase que ten unha incidencia de 1/10000 nacidos vivos, cunha frecuencia de portadores (levan unha soa copia do xene mudado, polo que non padecen a enfermidade) entre 1/40 a 1/60 estímase que existen máis de 1.500 afectados en España.


MÁIS INFORMACIÓN




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.