Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
10 de marzo de 2015
O CAMBADÉS JUAN GALIÑANES CANDIDATO A DOUS PREMIOS "MESTRE MATEO´15"
O cambadés Juan Galiñanes ven de ser designado candidato aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Vídeo-clip xunto a sua compañeira Olga Osorio polo vídeo Garden´s Road do grupo coruñés Escuchando Elefantes para a productora Miss Movies.
O video clip Garden´s Road, codirixido con Olga Osorio para o grupo coruñés Escuhando Elefantes, leva máis de 20 seleccións en festivais internacionais e foi premiado en FARCUME(Portugal) ou no Desert Rocks Film and Music Event (California).
A súa película "Holy night. Noite de paz", que se proxectou en Cambados a finais do pasado outono, opta ao premio na categoría á mellor longametraxe de animación.
No proxecto participaron máis de douscentos profesionais da animación 3 D que en moitos casos, case todos, hoxe residen fóra de Galicia e tamén de España porque aquí é difícil encontrar un lugar onde traballar.
Juan Galiñanes é realizador, guionista e montador. Na actualidade traballa como freelance ao mesmo tempo que prepara o seu novo proxecto de longametraxe, Fatum (título provisional) coa produtora galega Vaca Films, quen recentemente adquiriu tamén os dereitos doutro guión seu, "Quien a hierro mata".
Deixámosvos aquí o video para que o poidades ollar.
Máis sobre Juan Galiñanes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.