Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2015

FÁTIMA ABAL ESTARÁ COS TRABALLADORES DO MAR






Fátima Abal estará o vindeiro martes na Illa de Arousa informándose de primeira man dos problemas que nestes momentos está a atravesar o sector do mar e as posibles solucións a estes conflictos.
A socialista participará nos actos para poder aconsellar e axudar a este sector que foi tan perxudicado coas políticas de recortes do PP e coas decisións que viñeron impostas desde a Xunta, desde Madrid e mesmo desde Europa.
Non é a primeira vez que a socialista se preocupa por este colectivo. Xa estivo cun gran número de representantes deste sector da comarca, acompañándoos a Santiago nunha manifestación ante a Consellería de Pesca para protestar pola nova normativa respecto á regularización das embarcacións e posteriormente levou a Pleno unha moción, que por ser  máis completa, foi apoiada pola oposición, aínda que otivo o voto en contra do PP.
Os socialistas tamén presentaron ante o Pleno municipal unha moción para solicitar o restablecemento do seguro do mal tempo. Fátima Abal considera “ que esta axuda ten que ser restablecida. Este seguro pretende cubrir as perdas das embarcacións cando teñen que permanecer en porto pola presenza de temporais. Coa chegada do Partido Popular ó goberno da Xunta este seguro deixouse de pagar e eliminouse”.
De igual maneira, Fátima Abal, estivo presente na concentración en defensa do arte do xeito e presentou unha proposta de acordo en colaboración co Patrón Maior da Cofradía de Cambados ante o Pleno de outubro.
Esta vez, Fátima Abal estará presente nesta xuntanza na que se tratarán temas tan importantes como a cobertura da Seguridade Social, xubilación, prestacións, cese de actividade, maternidade, paternidade, coeficientes reductores,, accidentes laborais, enfermidades profesionais, etc.
Na xuntanza estarán tamén presentes a Asociación galega de Traballadores Autónomos e do Mar e diferentes representantes de organización do sector, 10 representantes sectoriais, socialistas da comarca e ademáis estará presidida polo Alcalde da Illa de Arousa, X.Manuel Vázquez.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.