Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2015

CAMBADOS RENOVARÁ A CUBERTA DA PISCINA





Con un escueto twit o Concello de Cambados ven da anunciar que se vai a renovar a cuberta da piscina municipal.

Este mediodía a Xunta anunciaba que autorizaba ao Concello de Cambados a execución dunha área recreativa na marxe dereita do río Umia na parroquia de San Adrián de Vilariño esta noitiña era o Concello quen anunciaba o acordo coa Deputación para renovar o tan demandado troco dunha cúpula que é un verdadeiro pozo sen fondo e un lastre para a economía do noso Concello. 
Verdadeiramente é unha pena que non haxa eleccións cada 2 anos para que estes que din que gobernan Cambados fixeran as cousas en tempo e forma. Anos demandando a mellora desta instalación e agora a escasos 3 meses das eleccións anuncian esta obra. 
A obra tan demandada á Xunta de Galicia ao final vai pagala a Deputación e xa sabedes que empresa ten todas as papeletas para facela? A Deputación  pagará os 600.000 euros da renovación.

Nos próximos días asinarase un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades, onde se concretarán os termos deste. Posteriormente, a Deputación promete iniciar, de forma inmediata, os trámites administrativos para contratar canto antes a obra. Non hai que esquecer que o Concello xa dispón dun proxecto para levar a cabo estas obras. O mesmo que debería ter executado hai algúns anos a Xunta.

Merecen os cambadeses ter a esta xente como gobernantes?
Merecen os catro anos de soldo si solo fan algo o último?
Merecen os cambadeses os enganos e burlas sistemáticas por parte desta xente?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.