Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de marzo de 2015

MENTIRAS E PROPAGANDA





As Xuventudes Socialistas de Cambados saíron hoxe ao paso do anuncio dun acordo entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para a reforma da cuberta da piscina municipal a dous meses das eleccións municipais.

O Secretario Xeral, Ismael Agra, asegurou que “trátase dunha mentira máis de Luis Aragunde, quen pretende enganar aos cambadeses a dous meses das eleccións xa que durante toda a lexislatura non foi capaz de cumprir nin unha soa proposta do seu programa electoral”.

Asemade, Ismael Agra recordou que “esta obra lévase anunciando tres veces dende o 2008, polo que xa estamos acostumados a que as promesas do PP se queden en nada”. “O capricho do Partido Popular de ter esta cuberta estalle saíndo moi cara aos cambadeses, xa que teñen que asumir o custe da electricidade mentres o delegado da Xunta e exalcalde só pisa Cambados para sacarse fotos, pero non foi capaz todos estes anos de licitar esta obra”, engadiu o Secretario Xeral.

“En 2010 anunciouse a cesión á Xunta de Galicia para a reforma, e en 2011 fomos as Xuventudes Socialistas as que denunciamos que a Xunta, co seu delegado en Pontevedra á cabeza, Cores Tourís, volvía a abandonar esta obra”, afirmou Ismael Agra.

“Cambados non merece un Alcalde que non é capaz de reclamar aos seus compañeiros de partido que colaboren co Concello para solucionar un problema, síntoma de que o Partido Popular pasa olimpicamente da nosa vila”, sentenciou o Secretario Xeral. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.