Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2015

A XUNTA BOTA A CASA POLA FIESTRA






Portos de Galicia investirá un total de 162.000 euros en actuacións de conservación e mantemento de pantaláns nas tres provincias costeiras. O ente público que preside José Juan Durán está a tramitar e executar xa estas actuacións que permitirán mellorar a seguridade das embarcacións amarradas nos pantaláns dos peiraos autonómicos así como a dos usuarios que transitan por elas.


Esta partida orzamentaria destinarase a obras e traballos de diferentes envergadura e características, pero en todo caso destinados a un mellor estado de conservación das instalacións flotantes. Así, repararanse, entre outros, rodillos, tablas, parafusos, defensas, pavimentos de madeira, estruturas de aluminio e flotadores. Ademáis, incluiranse traballos de mantemento dos chamados ‘fingers’, brazos de amarre perpendiculares aos pantaláns.
Os traballos terán lugar en peiraos de todo o litoral galego. Así, acometeranse melloras nos portos de Celeiro (Viveiro), Burela, O Vicedo, Mugardos, Cariño, Fisterra, Corcubión, Rianxo, Ribeira, Pontecesures, Cangas, Moaña, Bueu, Beluso (Bueu), Tragove (Cambados), Carril (Vilagarcía), Cesantes (Redondela), Arcade (Soutomaior), O Xufre (A Illa de Arousa) e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa).

Con este investimento, Portos de Galicia dará resposta as demandas trasladadas polos usuarios portuarios e  o sector profesional. O malo de todo esto é que a resposta as demandas chega con retraso, moito retraso.  Pero en ano electoral as desculpas de falla de presuposto, máis ben de cartos que se empregan en vídeos e enchentas innecesarias, non existen.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.