Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2015

BAIXA O PARO EN GALICIA, NA PROVINCIA PERO SUBE EN NA BISBARRA I EN CAMBADOS




O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en Galicia en febreiro situouse en 257.549, o que supón un descenso de 1.453 persoas en comparación con xaneiro (-0,56%), segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar febreiro en 103.452 persoas, tras baixar en 94 desempregados respecto ao mes anterior, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O Salnés é a bisbarra galega na que máis creceu o paro no mes de febreiro. En case todas elas baixou. Pero a tendencia no Salnés, en cambio, sube o número a 246 novos parados, de tal maneira que o desemprego pasou de 12.979 persoas o mes pasado a 13.225 este mes. O número de traballadores apuntados nas oficinas de emprego baixou no Grove,   MeañoMeis e Ribadumia, pero subiu en todos os demais concellos, sobre todo na Illa, que sumou 180 parados máis en só un mes.

En Cambados no sector de Agricultura e Pesca (gáfico) o paro en Cambados de Xaneiro 
a Febreiro do 2015 descendeu. A pesares desta baixada houbo 10 parados máis en Cambados, chegando a 1666.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.