Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2015

PREGUNTAS DO BNG PARA O PLENO DO XOVES





Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, presentou esta mañán as seguintes preguntas para que o alguén do goberno municipal as conteste no próximo pleno:
1.- No mes de decembro do pasado ano, desde a consellería de Traballo e Benestar se informaba (aparece recollido nos xornais) de que o Centro de Día de Cambados estaría rematado no mes de outubro deste ano e como dita obra, xa fora prometida na campaña das anteriores eleccións municipais, o BNG quere preguntar se, a día de hoxe, se manteñen as previsións da Consellería para o remate desta obra? De ser afirmativa a resposta, debería estar claro, actualmente e pola proximidade da data, o modelo elixido para a xestión deste servizo, polo que tamén preguntamos se o futuro centro de día de Cambados será de xestión pública ou privada?


2.- A asociación de veciños/as San Vicente de Oubiña, solicitou hai máis dun ano a instalación dun parque biosaudable no recinto da Tomada (Oubiña) e, a día de hoxe, aínda non obtiveron resposta por parte da Alcaldía a esta solicitude; polo que se solicita resposta a esta demanda dos veciños e veciñas de Oubiña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.