Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2015

O XUVEN VIAXA A CÁCERES SEN PRESIÓN





Superou o equipo de Bohigas o exame de hai sete días de visitar o Centro Insular sen un dos seus foráneos, Kunsyer. Sacouno, e ademais o líder caeu. Foi cecáis Cáceres Patrimonio da Humanidade o que sacou máis rédito da última xornada. Co 'subidón' de estar xa a só unha vitoria do ascenso directo e coa chegada de Nguema, a situación anímica dos estremeños parece óptima. O único problema podería ser a entidade do rival. Con Xuven Cambados non se pode xogar moito este ano. A solvencia dos de Yago Casal xa non é sorpresa para ninguén. O sétimo clasificado ten o billete para os 'playoffs' case no peto e vén de gañar dous partidos. Unha dinámica que impulsará os galegos a ir decididamente a por un triunfo de prestixio, sen especulacións, probas nin complexos. Os nocellos  están a causar un auténtico rompedeiro de cabeza con Juanchi Orellano e Mike Callaghan como damnificados. O primeiro está descartado e o segundo e seria dúbida.

A seguir: Sen dúbida, Richard Nguema será o gran protagonista no escenario do Multiúsos, no que será o seu debut.
O dato: Manteñen os estremeños a súa puntaría no triplo, coa mellor porcentaxe da liga (37%).
A ida: +15 para Cáceres (71-86)
Data e hora: sábado, 20:00 horas






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.