O BNG ven de recibir contestación as seguintes preguntas rexistradas en setembro do ano pasado como vedes na imaxe do lado.

1. Cal é a previsión de remate das obras que está previsto acometer no CEP Antonio Magariños e no IES Ramón Cabanillas?
2. En que situación están as obras de ambos centros a día de hoxe?
3. Que medidas están previstas ou están xa en execución para que a actividade escolar se vexa afectada o mínimo polas obras garantindo que o alumnado reciba as ensinanzas correspondentes?
4. Dispón a Consellaría algún informe técnico que avale a afirmación feita na web oficial da mesma a respecto do CEP Magariños de que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”? De ser así, en que data se realizou o mesmo?
5. Comunicóuselle @s responsábeis do CEP Magariños en algún momento que a Consellaría se responsabilizaba do que puidera suceder coa seguridade d@s nen@s xa que “o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ”
6. De ser así, en que data se fixo a comunicación e quen a asinaba?
7. Vai a Consellaría a seguir usando a web oficial da mesma para atacar e desprestixiar ao profesorado galego?
8. Vai pedir a Consellaría desculpas ao profesorado do CEP Antonio Magariños pola acusación contida na nota do 23 de setembro que supón un acto de desprestixio e de posta en cuestión da súa profesionalidade?.
A contestación non ten desperdicio. Ademáis da tardanza nada teñen que ver coas preguntas feitas. So se indica que o "temido" á vez que socorrido "bipartito", non se investiran cartos en ningún dos dous centros.Aquí podedes ver os tres folios da contestación.Para velos a maior tamaño picade nas imaxes


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.