Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de febrero de 2015

O CONCELLO DE CAMBADOS SEMELLA UN BARCO Á DERIVA






Os socialistas de Cambados atribúen á pésima xestión de Aragunde o feito de que se pretenda aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito de máis de 200.000€ tan só dúas semanas despois da aprobación dos presupostos.

A formación que lidera Fátima Abal considera extremadamente grave que o concello utilice de forma recurrente os recoñecementos extraxudiciais de crédito para tratar de tapar a súa mala xestión. Lembran que esta é unha fórmula que se debe aplicar só con carácter excepcional, pero que o equipo de goberno de Luis Aragunde convirte nunha práctica habitual, seguindo a liña de improvisación que tanto caracteriza a este goberno municipal.
Fátima Abal considera “esperpéntico que despois de aprobarse uns presupostos municipais, os cales foron aprobados definitivamente no pasado pleno extraordinario do 10 de febreiro, tan só dúas semanas despois se pretenda aprobar este recoñecemento extraxudicial de crédito. Desgraciadamente, este goberno municipal xa nos ten acostumados a este tipo de improvisacións, posto que no pasado ano 2014 foron aprobados cinco recoñecementos extraxudiciais, os cales suman un total de 621.822,56€.  Esta é a forma de gobernar de Luis Aragunde, convertindo o que debería ser excepcional en algo habitual.”
O recoñecemento extraxudicial que o Partido Popular pretende aprobar no vindeiro pleno, impoñendo o rodillo da súa maioría absoluta, consiste nun crédito extraordinario de 85.306,46€ (é dicir, que non está consignado no orzamento) e un suplemento de crédito de 125.830,74€ (é dicir, que complementa a un gasto que sí está presupostado pero que a cantidade consignada resulta insuficiente), sumando en total 211.137,20€.
Os socialistas explican ademáis que o propio informe de intervención municipal é moi claro neste asunto, xa que califica como deficiente a xestión do gasto municipal. Dito informe especifica que ningún dos gastos incluidos no expediente foi obxecto de fiscalización previa pola intervención, incorrendo en causa de nulidade de pleno dereito polo que todos son obxecto de reparo por parte de intervención.
A maior parte do crédito extraordinario vai parar a contratos menores, que sen embargo foron realizados saltándose todos os trámites, polo tanto estamos ante contratacións verbais, algo que está terminantemente prohibido por lei no sector público salvo en casos de emerxencia, o cal non parece ser o caso posto que se está facendo de forma habitual. Así, con esta forma de xestionar, estase obviando todo control do gasto público xa que non hai nin orzamentos de obras nin aprobación previa do gasto, nin informe técnico, simplemente coa firma do alcalde e do capataz de obras é suficiente para realizar estes pagos, o cal vai en contra de calquera política de transparencia.
“É obvio –sinala Fátima Abal- que, en calquera situación, pero con máis motivo agora que a cidadanía esixe cada vez máis, con toda a razón do mundo, unha absoluta transparencia e un control riguroso do gasto público, estas prácticas resultan cando menos sospeitosas. É intolerable que este tipo de gastos públicos se tramiten desta forma. Esiximos que se acabe dunha vez o escurantismo, e que o diñeiro dos cambadeses sexa xestionado con rigor e con seriedade.”
“Seguramente o alcalde trate de excusarse argumentando que se saltan pasos para así poder axilizar os pagos, sen embargo as débedas acumuladas en facturas sen pagar dentro dos 30 días de plazo legal, ascenden a final de 2014 a 168.074,87€, algo que só se explica por unha chapuceira forma de xestionar. Estes atrasos no pago das facturas, froito da nula capacidade de previsión do goberno municipal, significan que agora, ademáis do custe propio das facturas, o concello tería que pagar os intereses de demora e as indemnizacións polos custes de cobro. As continuas improvisacións de Aragunde custan cartos, os cales saen dos bolsillos de todos os cambadeses”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.