Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de enero de 2015

PÉSIMOS DATOS DO PARO





Os datos do paro non dan tregua na  comarca de O Salnés que perdeu 

557 postos de traballo durante o mes de decembro en todos os seus 

municipios, sendo o concello de O Grove no que máis persoas, 132, se 

anotaron nos Públicos de Emprego.

O concello de Cambados tamén rexistrou cifras altas, con 110 desempregados 

máis, seguido de Vilagarcía de Arousa con 96 parados máis e Vilanova de 

Arousa con 84.

 O pasado mes de decembro subiu o paro en Galicia en case 3.300 persoas. Este é pois un mal dato para rematar un 2014 no que, en termos globais, o paro descendeu na nosa comunidade en menos 19.000 persoas.
España pechou o ano 2014 con 4.447.711 parados ó descender o paro nunha porcentaxe do -1.4 %. Neste mes de decembro, a nivel nacional, 5.404 persoas encontraron emprego. Na nosa comunidade pechouse o pasado ano con 251.918 parados, o que supón un incremento do desemprego do 1.32 %, o maior de toda España. Na Provincia de Pontevedra volveuse a superar a cifra dos cen mil parados neste último mes; sumando 1.247 persoas máis as listas de desemprego, un 1.26% máis. Nesta provincia hai arestora unhas 100.428 persoas no paro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.