Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2015

MÁIS DE 900 PREINSCRICIÓNS PARA 200 PRAZAS DE BOLSEIROS






907 preinscricións para tomar parte no novo Plan de práctica laboral para concellos e centros da Deputación foron efectuadas a través da páxina web da institución provincial. Delas pasaron polo Rexistro da Deputación en Pontevedra 221, e 133 polo da delegación de Vigo.
O plan concederá 200 bolsas (o 80 % destas irá destinado a concellos e o 20 % restante á Administración provincial) dirixidas a titulados universitarios e de ciclos superiores.
Os moz@s interesados en acceder ó plan terán que ter finalizados os estudos con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2007, estar inscritos no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e estar empadroados en calquera concello da provincia con anterioridade ó 1 de xuño de 2014. Ademais, será preciso non ter experiencia previa na profesión na que van realizar as prácticas.
Tal e como recollen as bases do programa, as bolsas terán unha duración de seis meses, prorrogables por outros seis, de forma que os bolseiros poderán permanecer durante un ano no centro de traballo que lles corresponda.
As bolsas serán de 700 euros no caso dos titulados de ciclos superiores e de 800 euros para os universitarios.
O prazo para presentar as solicitudes conclúe o vindeiro 12 de xaneiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.