Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2015

POR FIN FAN ALGO NA TORRE DE SAN SADURNIÑO






Hai exáctamente un ano, nin dia máis nin dia menos, o 8 de xaneiro do 2014 CORES DE CAMBADOS publicaba APARECE O QUE PODERÍA SER UN CASTRO NA TORRE DE SAN SADURNIÑO.
Un artigo do que se fixeron eco tanto a prensa local coma os blogs tamén locais, algún, por certo tomando a "pitorreo" o asunto. Incluso o concello tapou os restos como sin darlle importancia.
Destacar que dende a Deputación tampouco se fixo nada a pesares de contan cunha Ruta dos Xacementos i este ven podería entrar nesa Ruta.

Pois ben agora e segundo informa Arousa Si Radio Salnés, un equipo de catro especialistas, dirixidos polo arqueólogo municipal, Ángel Acuña, iniciaron tarefas de levantamento topográfico na illa da Figueira ou San Sadurniño. Realizarán unha planimetría ampla e detallada da mesma. Actualmente existe un plano xeral, que posúe o Concello, pero quérese contar con esta planificación en detalle que se vai concretar a resultas destes traballos.
Documentarse os perfís arqueolóxicos que permitirán unha primeira aproximación ós restos do terreo co obxectivo de averiguar, de maneira aproximada, a antigüidade dos asentamentos humanos no illote da Torre.

Os traballos levarán varias semanas e tamén permitirán evaluar a pontencialidade patrimonial do illote que rodea a torre de San Sadurniño.

En próximas datas instalaranse en diversos puntos dos lindeiros perímetrais da illa xaulóns metalicos recheos de pedra para protexer os restos arqueolóxicos dos efectos das mareas, que o pasado inverno causaran danos importantes e que denunciáramos tamén neste blog.

Outros artigos relacionados

O CONCELLO DE CAMBADOS NON COIDA O SEU PATRIMONIO

O CONCELLO VOLVE A ATENTAR CONTRA A HISTORIA DE CAMBADOS


Fonte:  Arousa Si Radio Salnés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.