Os socialistas de Cambados denuncian que a consecuencia da mala xestión do Concello cambadés dende que Luis Aragunde é Alcalde na concesión de licenzas de obra as arcas municipais tiveron que abonar máis de 200 mil euros (208628,69€) a veciños afectados.
A voceira socialista, Fátima Abal, afirmou que "é lamentable que tódolos cambadeses teñan que pagar co diñeiro do seus impostos as neglixencias dunha xunta de goberno local que concede licenzas de obra contrarias á normativa vixente”.
“Luis Aragunde debería dar a cara e explicarlle aos cambadeses porqué teñen que pagar os erros da súa Xunta de Goberno e facer extensible esa explicación aos veciños prexudicados coas mesmas licenzas”, afirmou Fátima Abal. “O máis indignante é que mentres os cambadeses deciden construír na nosa vila, o goberno local concede licenzas contra a normativa vixente aplicable prexudicando gravemente a eses veciños que terán que derribar as súas obras pola incompetencia da xunta de goberno, truncando o futuro de varias familias”, sentenciou a voceira socialista.
A voceira municipal e candidata á Alcaldía, Fátima Abal, concluiu afirmando que “Luis Aragunde pasará á historia por ter sido o peor Alcalde da nosa vila, o máis padecido polos cambadeses estes anos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.