Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de enero de 2015

DERRADEIRO ADEUS A JOSÉ LUÍS ALVITE






José Luis Alvite marchou. Marchou como viviu, rodeado de historias. Historias pequenas, historias grandes, historias familiares... As súas historias. Unhas historias das cousas da vida que fixeron do xornalista o mellor contador de realidades que teña parido o mundo da comunicación en moitos anos.
Neto, fillo e sobriño de xornalistas, Alvite levaba as letras no seu ADN e novelou centos de historias en numerosas publicacións, entre elas, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, La Razón, Diario 16, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña ou La Nueva España.
 
Este artista da palabra foi despedido este sábado por 200 persoas e rodeado de familiares, veteranos xornalistas, empregados de banca e compañeiros nocturnos no cemiterio de Boisaca, na capital galega.
Ademais da súa esposa, Carmen, e dos seu tres fillos, froito de dous matrimonios, tamén estivo a súa tía Pepita, á que aludiu en numerosas columnas, unha comadrona de Cambados á que acompañou de neno cando esta acudía a partos, indicaron algúns dos seus achegados. Precisamente, os seus restos foron enterrados preto da súa tía e do seu irmán no citado cemiterio por desexo propio.
Destacaron tamén na cerimonia o barman Suso e algúns compañeiros e compañeiras da súa produtiva vida nocturna compostelán.

Fuente: GaliciaConfidencial


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.